Home  
 
 
 
 
  O convenio colectivo de un dos sectores máis fortes da provincia polo número de traballadores aos que afecta, o da construción, segue atascado despois de catro reunións entre patronal e organizacións sindicais. Comisións Obreiras chama a atención do feito de que, por segundo ano, Ourense queda por detrás das provincias de Pontevedra e Lugo nas melloras acadadas para o sector, e pide as demais centrais sindicais que non asinen.
 
 
Segue atascado o convenio da construción da provincia de Ourense despois de catro reunións dos sindicatos coa patronal  
27 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

O convenio colectivo para os traballadores do sector da construcción da provincia de Ourense segue sen asinarse despois de catro reunións entre patronal e organizacións sindicais, segundo informa Comisións Obreiras. A organización sindical recalca que o sector nesta provincia está necesitado de "regulación, seguridade e protección para tódolos traballadores".
Neste sentido, a Federación da Construción de Comisións Obreiras plantexa á patronal a xubilación anticipada aos 60 anos con contrato de relevo, melloras na contratación, na Incapacidade Laboral Transitoria e enfermedades comúns, así coma unha subida salarial que non lle faga perder ao sector posición con respecto ao das provincias de Pontevedra e Lugo.

Segundo Comisións Obreiras, o sector da construción de Ourense ten ido recortando diferencias con respecto a estas duas provincias nos dous últimos anos ata estar nun 80%. A patronal do sector só cede, polo de agora, "o 0,5% e o 1% no extrasalarial", sinala CC.OO., o que para organización sindical non é suficiente, polo que chama públicamente as outras duas centrais sindicais na negociación a facer o mesmo.

Para o mércores, día 28, as 20:00 horas, están convocados os traballadores na Antiga Casa Sindical de Ourense do Parque de San Lázaro a unha asemblea informativa.

Volver atras
Imprimir Página