Home  
 
 
 
 
  O domingo chegará á capital ourensá "O Contador", unha iniciativa de Política Lingüística da Xunta de Galicia para impulsar o uso do galego nos espazos públicos. Segundo os promotores da iniciativa, "esta acción busca a dinmanización lingüística na rúa e a participación de veciños e transeúntes para a construcción dun conto colectivo".
 
 
"O Contador" chega este domingo a Ourense, e logo irá a O Barco de Valdeorras
24 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Trátase dunha instalación con forma de cubo, provista no seu interior dunha pequena sala cun asento, unha televisión e os aparellos necesarios para a gravación do conto. A actividade pretende fomentar a creatividade e a espontaneidade en lingua galega, ao tempo que tenta aproveitar a riqueza oral do idioma e as súas variantes dialectais.
Encadeando os retallos de historia de cada participante crease un conto colectivo, que posteriormente, unha vez montado nunha única peza, se poderá visualizar a través da páxina web www.galegoelogo.com. A organización daralle ao primeiro visitante o inicio dun conto e a partir de aí, a improvisación e a creatividade de cada un dos participantes serán as que guíen o reusultado.

Política Lingüística anuncia que as próximas citas do Contador serán, no que atinxe á provincia de Ourense, O Barco de Valdeorras a finais deste mes de maio.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital