Home  
 
 
 
 
  Depuradora de Reza, técnicos de Aquagest e incluso o goberno municipal non gañan para sustos. A depuradora chegou o mércores máis gasóleo, só que este proviña da caldeira da calefacción do Instituto Portovello de As Lagoas. O verquido evalúase nuns 1.000 litros e o Concello anuncia que xa abriu o correspondente expediente.
 
 
Chegaron outros 1.000 litros de gasóil á Depuradora de Reza, só que estes provintes da caldeira do IES Portovello  
23 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e da concesionaria municipal de augas, Aquagest, identificaron este pasado mércores a chegada dunha emanación de gasóleo á planta depuradora de Reza, tralo cal aplicaron os protocolos de seguridade e localización previstos, e chegaron a determinar que o gasóil proviña da caldeira da calefacción do IES Portovello, segundo informa o Concello de Ourense este xoves.

Segundo a mesma fonte, "activados os mecanismos de xestión da contaminación recibida a través da rede de saneamento na depuradora, o proceso de depuración continúa con total normalidade, tras ter completado xa a xestión das emanacións recibidas, cuantificadas –a falta dunha estimación definitiva- nuns 1.000 litros".

Ó mesmo tempo, o Concello de Ourense xa procedeu a iniciar un expediente sobre o incidente que procovou a chegada do gasóil do Instituto de Portovello á rede de saneamento, que será o que determine, no seu caso, a existencia de responsabilidades.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital