Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA  
 

Miguel Fidalgo Areda

 
  O Partido Socialista valora positivamente que o alcalde de Calvos de Randín, Aquilino Valencia Salgado, someta a súa confianza como rexedor local ao Pleno da Corporación municipal e deixe as súas funcións como tal ata a celebración de dita sesión plenaria. Os socialistas cualifican a decisión de Aquilino Valencia como "acto de coraxe", e piden públicamente a Baltar Pumar que cese ós catro ex concelleiros que abandoaron o Partido Popular para montar unha moción de censura.
 
 
O PSOE cualifica a moción de confianza de "acto de coraxe" do alcalde, e pide a Baltar que cese ós ex do PP de Calvos  
23 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

O responsable  de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, Miguel Fidalgo Areda, sinalou este xoves que "a decisión do alcalde de Calvos de Randín de presentar unha cuestión de confianza, amosa o seu talante democrático e a súa disposición a antepoñer os intereses de todos os veciños e veciñas de Calvos aos intereses persoais ou de partido". O Partido Socialista en Ourense cualifica a decisión do rexedor municipal de Calvos de Randín de "acto de coraxe político".
Sinala o secretario de Organización do PSdeG-PSOE de Ourense, que "coa presentación desta cuestión de confianza os concelleiros da Corporación Municipal poderán expresar todos os argumentos a favor ou en contra  da xestión que os socialistas levan feito no municipio  no que vai de lexislatura, e o pobo de Calvos coñecerá así os argumentos de cada grupo político".

Ó mesmo tempo, o responsable de Organización do PSdeG-PSOE en Ourense insiste en que Baltar está detrás desta operación de piratería política. Sinala Fidalgo Areda que "o presidente provincial do PP, José Luis Baltar, segue minuto a minuto todo o que está a suceder en Calvos de Randín e, proba de que el é un dos instigadores desta operación, é que aínda non cesou dos seus cargos orgánicos aos concelleiros e dirixentes do PP de Calvos".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital