Home  
 
 
 
 
En Ourense medio cento de Traballadores de Economía e Facenda, xunto con delegados sindicais de CCOO e UGT, protagonizaron a partires das once da mañá deste martes unha concentración diante do edifico da rúa de Santo Domingo. Os traballadores demandan carreira profesional e homologación salarial cos compañeiros doutras administracións públicas.
 
 
 
Os traballadores de Facenda protestaron tamén en Ourense para deixar de ser os "hirmáns pobres" do emprego público
21 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

Segundo Comisións Obreiras, os traballadores da Administración Xeral do Estado, en xeral, e do Ministerio de Economía e Facenda, en particular, son os “hirmáns pobres” dos empregados públicos de tódalas administracións. As diferencias retributivas con outras administracións rondan nalgúns casos hasta o 40% menos para funcións similares ou equivalentes.
Outra das reivindicacións expresadas este martes polos empregados públicos é a demanda dunha carreira profesional obxectiva, que lles permita a promoción profesional persoal sin necesidade de cambio de posto de traballo é decir, "unha carreira profesional que teña en conta o esforzo persoal, a formación, a capacidade e a experiencia adquiridas no seu posto laboral, así como a evaluación obxectiva do rendemento".

Sinala CC.OO. que permanentemente miles de empreados públicos da Administración Xeral do Estado, en xeral, e do Ministerio de Economía e Facenda, en particular, vense obligados a concursar e cambiar de posto de traballo para simplemente gañar uns poucos euros máis, o que supon unha permanente desprofesionalización e un despilfarro sistemático de experiencia e de formación dos empregados públicos.
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital