Home  
 
 
 
 
Os Servicios Xurídicos de CC.OO. anunciaron este luns a presentación do correspondente recurso a unha recente sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, declarando legal a utilización da Sociedade Anónima SEAGA e tamén recoñecendo como probados os feitos denunciados por este sindicato, ainda que non se pronunciou sobre o fondo desa "lamentable, discriminatoria e irresponsable decisión laboral de Medio Rural", segúndo Comisións Obreiras "enviar ao paro a 610 fixos discotinuos da Xunta de Galicia".
 
Noticias Relacionadas
  Desglose dos 610 fixos-discontinuos do lume por Categorías e Provincias
 
 
 
Emilio Doforno
Recurrida ao TSXG a decisión de Medio Rural de mandar ao paro a 610 traballaores da plantilla de Extinción de Incendios
20 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os feitos denunciados por CC.OO. producíranse ao longo da tempada de extinción de incendios de 2007, especialmente a partir do 2 de decembro, data na que, pese a existir carga de traballo de prevención e extinción, os dirixentes de Medio Rural, decidiron unilateralmente enviar ao paro e interrumpirlle os seus contratos aos 610 traballadores fixos discontinuos do Servicio Público de Extinción de Incendios para, no seu lugar, empregar a persoal temporal da Sociedade Anónima SEAGA, "chiringuito instrumental e clientelar promovido pola propia Consellería", subliña Comisións Obreiras.

CC.OO. cuestiona a legalidade da decisión de medio Rural de que, "existindo carga de traballo se poida enviar ao desemprego a persoal fixo de plantilla para, no seu lugar, poder utilizar persoal temporal alleo para substituílo". Para CCOO, "cando menos, resulta incomprensible, ilóxico e irresponsable que unha administración pública -neste caso Medio Rural- ou calquera empresa envíen ao paro ao seu persoal fixo de plantilla e, pola contra, lle encomenden os seus cometidos e funcións a outra empresa distinta", neste caso SEAGA.
CC.OO. sinala que o Recurso se presenta para que o Tribunal "se pronuncie sobre o fondo da cuestión laboral, xa que para o sindicato resultaría, cando menos escandaloso, que poidera ser axustado a dereito que un empresario (neste caso o Conselleiro e a súa Consellería) poida mandar ao paro a 610 traballadores de plantilla, mentres no seu lugar utiliza os servicios dunha subcontrata".

O sindicato recalca que a decisión de Medio Rural para externalizar os traballos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais "parece, cando menos, un despropósito na xestión dun servicio público e unha discriminación grave co seu propio persoal de plantilla".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital