Home  
 
 
 
 
A Concellería de Cultura pide desculpas polo contido da misiva enviada ás asociacións e indica que nunca se vencellarán as axudas a ningún criterio subxectivo. Segundo revelaron algúns medios de comunicación este venres, dende Cultura do Concello enviaron invitacións a actos organizados pola concellería da nacionalista Isabel Pérez, nos que se advertía que as subvenciós desta Concellería poderíanse vencellar a asistencia a ditos eventos.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Isabel Pérez
Cultura do Concello "lamenta e pide desculpas" pola carta que vencella as subvencións á asistencia aos actos culturais
17 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Cultura lamenta e pide desculpas polo contido da carta enviada ás asociacións da cidade e sinala que o obxectivo da mesma non foi en ningún caso vencellar as axudas concedidas polo organismo municipal á participación nas actividades que organiza a concellería. O departamento que dirixe Isabel Pérez tiña por único obxecto, mediante o envío desta misiva, facer un chamamento á participación nos actos culturais que organiza a concellería, así como axudar no que sexa posible na organización e desenvolvemento das actividades que programen as propias asociacións.

O tenente alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, desautorizou o contido da misiva e recorda que en ningún caso a concellería vai actuar con criterios subxectivos ou ideolóxicos á hora de conceder ningún tipo de axudas.
Así mesmo, a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, sinala que en ningún caso se fai mención na carta ás subvencións, que se van seguir guiando por un criterio totalmente obxectivo seguindo os principios de transparencia e publicidade. “Todas as peticións que cheguen en tempo e forma van ser atendidas e resoltas favorablemente”, explica Isabel Pérez.

A concelleira sinala que un erro redaccional desvirtuou o sentido da carta xa que o único que se pretendía era recordarlle ás asociacións que desexen acceder a axudas teñen que comunicarllo á concellería para que esta poida introducir as súas actividades na programación anual. Ademais, tamén se quería lembrar que axiña se abrirá o prazo de petición de subvencións, en canto saia publicado no BOP, xa que hai máis dun mes (3 de abril) que foi aprobada a convocatoria na Xunta de Goberno local.
A concellería pois, reitera as súas desculpas publicamente, e pídelle as asociacións que soliciten as axudas con total liberdade así como as subvecións.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital