Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez

 
  Por escrito, tal e como lle foron feitas as preguntas, resposta Francisco Rodríguez, alcalde, ó Grupo Municipal do PP ó respecto da súa recente viaxe a Arxentina, sobre todo. Sinala Rodríguez que a viaxe non lle custará nada ó Concello porque foi invitado polos empresarios galegos na Arxentina, explica os seus plantexamentos na mesma e, respecto a si viaxou acompañado por alguén, sinala que non viaxou acompañado de ninguna persoa con representación ou cargo oficial, e que, no que respecta ó ambito privado, "non é da incumbencia do Grupo Municipal do Partido Popular"
 
 
O alcalde viaxou só a Arxentina, invitado e sin custe para o Concello, segundo resposta ó PP  
16 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

"A viaxe responde a unha invitación dun grupo de empresarios galegos e ourensáns residentes en Arxentina e no Estado Brasileño de Bahía, interesados en coñecer de primeira man o momento actual e as expectativas de futuro da nosa cidade, así como os prantexamentos do Alcalde de Ourense sobre os proxectos estratéxicos dos vindeiros anos, sobre todo os vinculados ó  desenvolvemento das infraestructuras e, en concreto, a implantación da Alta Velocidade Ferroviaria".
Así resposta Francisco Rodríguez, alcalde de Ouense a unha das preguntas formuladas polo Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense, respecto a súa recente viaxe Arxentina e Brasil na semana do 5 ó 10 deste mes. Sinala Rodríguez que "a invitación dos empresarios galegos e ourensáns en Arxentina e Brasil foi cursada ó Alcalde de Ourense e, daquela, aceptada e realizada en calidade de tal".
E por eso que "os gastos foron sufragados íntegramente polo grupo de empresarios galegos e ourensáns organizadores do mesmo", o que quere decir que non tivo ningún coste para o Concello de Ourense.

Oficialmente só

Sinala tamén Rodríguez que "o alcalde non viaxou acompañado de ningunha persoa con cargo ou representación oficial", e engade que no que respecta ó ámbito privado "non é da incumbencia do Grupo Municipal do Partido Popular".

Noutro ámbito de explicacións, Rodríguez refire os encontros mantidos ó longo da súa estadía, asi como a finalidade dos mesmos, da viaxe e o plantexamento co que o rexedor municipal plantexou o seu periplo. É neste eido onde máis se extender o rexedor municipal, que refire que o eixo principal da súa viaxe foi presentar Ourense como “a gran área de oportunidade de Galicia” na próxima década.
Como concreción deste prantexamento, sinala Rodríguez, "informar ós empresarios das oportunidades de investimento no sector hoteleiro, hosteleiro e turístico que representan o Plan Estratéxico Termal, e o crecemento potencial da cidade que representará a chegada do AVE, tal e como sucedeu en cidades similares á nosa".
En segundo lugar, refire Rodríguez, "explicar ós emprendedores galegos e ourensáns no exterior que, aínda que hoxe mesmo temos graves dificultades derivadas da anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal herdado da anterior Corporación, o actual Goberno Municipal mantén a creación de solo empresarial como unha liña estratéxica de actuación, e está xestionando catro novas áreas de solo empresarial, para dispor, nun prazo entre dous e tres anos, de case 2 millóns de metros cadrados nesas catro áreas diferenciadas para  industria clásica, sector terciario, desenvolvemento agro-industrial, e actividades de I+D+i vinculadas ó Campus Universitario de Ourense".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital