Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno aprobou este xoves o proxecto “Ourense WIFI rural” que, encadrado dentro do Plan Municipal de Desenvolvemento da Sociedade da Información, dará acceso a Internet de Banda Ancha ó 80% da poboación de Seixalbo, gracias á implantación de tecnoloxías abertas que darán cobertura a uns 3 km cadrados deste núcleo ourensán. Os veciños poderán disfrutar de telefonía gratuita, sistemas de  atención a maiores e multiconferencia. Deste xeito Seixalbo será o primeiro núcleo ourensá que disporá deste servicio.
 
 
Seixalbo será o núcleo pioneiro na implantación do WIFI no Concello de Ourense
16 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A implantación dunha rede de servicios WIFI municipais en Seixalbo responde a un modelo piloto que despois se irá extentendo ós restantes núcleos do rural ourensán. Segundo salientou o alcalde, Francisco Rodríguez, “o desenvolvemento desta rede suporá que o Concello adopte un papel activo no despregue de infraestructuras de acceso á banda ancha en zonas xeográficas desfavorecidas do municipio”, no que supón de facto “a primeira intervención municipal ourensá para salvar a fenda dixital”.

O proxecto piloto de Seixalbo, suceptible de expandirse por outros núcleos rurais, permitirá prestar servicios públicos a poboacións con illamento endémico, o que suporá unha estratexia de inserción da poboación rural ourensán na sociedade do coñecemento, “garantindo o acceso en igualdade de toda a poboación as novas tecnoloxías, e promovendo unha millora no nivel de vida dos cidadáns, a creación sostible de riqueza e a transformación da sociedade ourensá”.

O proxecto piloto de rede WIFI na zona de Seixalbo supón que o Concello de Ourense adopta a tecnoloxía sin fíos como millor solución para ofrecer unha rede municipal de acceso a Internet, como un servicio do Concello ó núcleo de Seixalbo.
A finalidade é garantir á banda ancha ó 80% de poboación do núcleo, cunha cobertura de 3 km cadrados no entorno de Seixalbo, ademáis dun corredor de outros 3 kilómetros por onde pasará o sinal troncal.

Segundo consta no proxecto, a solución técnica proposta está técnicamente probada e ampliamente dispoñible no mercado para a provisión de Internet a núcleos rurais. Trátase da banda ISM –que non require licencia de funcionamento na maioría dos países- e usa equipos estándar de 2.4 Ghz que amosan como vantaxe que ofrecen un gran ancho de banda.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital