Home  
 
 
 
 
  O Consello da Xunta aprobou este xoves o convenio mediante o cal se establecen as bases reguladoras de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e o Concello de Vilar de Santos (Ourense) para a recuperación da Aldea de Saa, para o cal a Consellaría destinará unha cantidade de 385.236 euros.
 
 
A Xunta achega preto de 400.000 euros para recuperar a Aldea de Saa, no Concello de Vilar de Santos  
16 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Galicia, por acordo do Consello deste xoves, ven de asinar unha inversión de 400.000 euros para a recuperación da Aldea de Saa, no Concello de Vilar de Santos, traballos que van dende a instalación dun mesón-cantina, aloxamentos de turismo rural ou unha aula de formación, potenciando deste xeito o turismo e revalorizando os recursos naturais tanto deste concello ourensán como da comarca da Limia.

Para levar a cabo de xeito correcto estas tarefas de recuperación e posta en valor, o Concello de Vilar de Santos deberá destinar a obra ao uso de interese xeral; dinamizar a comarca, dando a coñecer información histórica, turística, paisaxística, cultural e patrimonial da zona onde se atopa a actuación obxecto do presente convenio; así como manter as instalacións en perfecto estado de uso e conservación para cubrir os fins aos que está destinado dando un servizo adecuado ás visitas turísticas que utilicen as instalacións.

Con estas actuacións, a Consellería dá un paso máis no seu interese de promocionar Galiza mediante a defensa do patrimonio natural, histórico, artístico e cultural, así como preservar os recursos turísticos, evitando a súa destrución ou degradación, e promovendo o seu correcto aproveitamento.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital