Home  
 
 
 
 
A Consellería do Medio Rural incorpora novidades ao Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galiza para a reformulación do operativo de reforzo na época de alto risco, que contará con importantes melloras tecnolóxicas no servizo, segundo acordou o Consello da Xunta. Moitas desas novidades son a aposta xa anunciada polo conselleiro, Suárez Canal, pola informatización de sistemas e a incorporación das novas tecnoloxías, así como a posta en escena do chamado "posto de mando avanzado".
 
Noticias Relacionadas
  Medio Rural quere un "posto de mando avanzado" nos incendios con toldo e aire acondicionado
  Medio Rural pon en marcha un complexo e sofisticado operativo de control e loita contra os incendios forestais
 
 
Medio Rural reformula o dispositivo contra incendios e confirma que as brigadas terrestres é cousa de SEAGA
16 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Plan de Defensa contra Incendios de Galiza (Pladiga) disporá na campaña 2008 dunha reformulación do operativo de reforzo na época de perigo alto, coa contratación de aeronaves de gran velocidade e coa encomenda á empresa pública Seaga da totalidade das brigadas terrestres e da maioría das helitransportadas. Ademais, segundo informa a propia Consellería de Medio Rural, axustarase ó mapa das parroquias de especial vixilancia, coa eliminación dunha parroquia e coa introdución doutras 11 das provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

Nesta campaña entrarán en servizo novas aplicacións informáticas para a xestión de medios e toma de decisións, así como outras que perfeccionan as existentes.
Instaláronse posicionadores con incorporación de chamadas telefónicas a números prefixados e alarma SOS nos vehículos, implantouse o sistema de videovixilancia de bases de medios áereos, un novo vídeo-wall no centro de coordinación central e novos centros avanzados 085. Ademais, introducíronse melloras tecnolóxicas na rede de radiocomunicacións, co obxecto de adaptala ao novo cadro de asignación de frecuencias.

Incorporaranse as unidades de posto de mando avanzado, co establecemento dos procedementos operativos específicos correspondentes. Tamén se renovará o parque móbil dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, coa adquisición, en réxime de propiedade de aluguer, de vehículos todoterreo e de motobombas.
No marco normativo, incidirase no desenvolvemento da Lei de prevención e defensa contra incendios forestais e redactarase a Lei de Montes de Galiza. Aprobaranse e poranse en marcha os plans de prevención de distrito e incrementaranse as actuacións de xestión da biomasa, complementándoas coa creación de oito equipos de prevención de incendios forestais. Ademais, establecerase unha nova liña de subvencións co obxecto de fomentar a construción de puntos de auga de uso múltiple.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital