Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza as V Xornadas de Saúde e Seguridade Infantil, que terán lugar entre os días 2 ó 6 de xuño no Centro Cultural da Deputación, cun programa formado por 18 charlas e obradoiros nos que profesionais da Pediatría e outros expertos abordarán diferentes aspectos relacionados coa saúde e a seguridade dos máis cativos.
 
 
Un total de 18 charlas e obradoiros sobre o coidado dos cativos integran as V Xornadas sobre Saúde e Seguridade Infantil
16 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

As Xornadas están dirixidas a persoal educativo, sanitario, monitores, coidadores, familias e persoas interesadas en xeral. Están declaradas de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e os alumnos do campus de Ourense que participen obterán un crédito de libre elección.
As prazas son limitadas e os interesados en participar poden inscribirse gratuítamente na Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, na rúa da Concordia, número 20, entrechán, teléfono 988 510622, ata

que se cubran as prazas dispoñibles.

Durante os 5 días de actividades, sempre en horario de tarde, diferentes expertos abordarán temas como a celiaquía, as novas vacinas, as alerxias infantís, os catarros, as queimaduras, a dor abdominal recorrente, a promoción da saúde nas escolas infantís, as terapias naturais ou a prevención da siniestralidade na infancia, entre outros.
As xornadas forman parte do programa “Ourense, Concello saudable”, que desenvolve a Concellería de Sanidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital