Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense apoiará a actividade das asociacións de veciños de Ourense mediante dúas liñas de subvencións, dotadas con 80.000 euros, dirixidas a actividades organizadas polas asociacións de veciños de Ourense e melloras de equipamento dos seus locais veciñais. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza deste xoves as bases que rexirán a convocatoria pública destas subvencións para o exercicio 2008.
 
Noticias Relacionadas
  TEXTO ÍNTEGRO da Convocatoria de Subvencións para Actividades Veciñais e Equipamento dos Locais Veciñais
 
 
O Concello de Ourense aproba as bases para a concesión de 80.000 euros en axudas ás asociacións veciñais  
9 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense ven de aprobar na súa reunión deste xoves, as bases que regularán a concesión de axudas ás asociacións veciñais da cidade, fixadas para este 2008 nun monto total de 80.000 euros, segundo xa anunciara o goberno municipal. As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, co que se abrirá un prazo de 30 días para a presentación de solicitudes por parte das asociacións interesadas, a través do Rexistro Xeral do Concello en escrito dirixido á Concellería de Participación Cidadá, segundo sinala o propio Concello de Ourense.

Contémplanse duas liñas de financiamento. Unha para a "organización de actividades veciñais e outras actividades de especial trascendencia social que contribúan á promoción do asociacionismo". Está dotada con 50.000 euros, dará apoio á realización de actividades de promoción do asociacionismo, animación, cursos, actividades de aire libre, medio ambiente e natureza.
Unha segunda liña, adícarase a adquisición de material inventariable para os locais veciñais, "sempre que este sexa considerado indispensable para o seu funcionamento", e está dotada con 30.000 euros.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital