Home  
 
 
 
 
De 26 empresas que se atopan actualmente radicadas no Polígono Industrial de Xinzo, só unha delas, Vidriera del Atlántico, recibirá subvencións neste ano do Concello. Trátase de Vidriera del Atlántico, unha empresa, sinala o Partido Socialista de Xinzo de Limia, na que o alcalde tiña importantes participacións. Rercordan os socialistas que non é a primeira vez que pasa algo así en Xinzo xa que é o estilo de Isáac Vila, pero pregúntanse qué lles parecerá ao resto das empresas do Polígono de Xinzo o trato que reciben do rexedor municipal.
 
 
 
O PSOE denuncia que o Concello de Xinzo só concede axudas a unha empresa do Polígono na que o alcalde tuvo participacións
9 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL

O grupo municipal socialista no Concello critica que nos orzamentos municipais para 2008, que se aprobarán no pleno ordinario do vindeiro 24 de abril, "inclúa unha partida orzamentaria destinada a subvencionar tan só unha empresa do Polígono Industrial, concretamente a empresa Vidriera del Atlántico, na que o alcalde tiña importantes participacións económicas".
Os socialistas explican que no Parque Empresarial de Xinzo de Limia están instaladas unhas 26 empresas polo que se preguntan "cal é o criterio que se segue dende o Grupo de Goberno para outorgar subvencións para o fomento do emprego". Sospeitan os socialistas que o resto de empresas ubicadas no parque "non deben estar moi contentas de saber que son marxinadas na recepción de subvencións por non contar coa participación do señor Vila".

"Resulta curioso que unha partida orzamentaria de 108.077.87 euros, para o fomento da contratación indefinida de traballadores, se destine a unha única empresa", sinalan os socialistas de Xinzo de Limia, ó tempo que lle recordan a Isaac Vila que "na xestión dos recursos públicos deben primar os principios de transparencia, información e igualdade aínda que só sexa por hixiene democrática".

Dende o Partido Socialista conclúen que "esta é outra das cacicadas do alcalde. A estas alturas os veciños e veciñas de Xinzo saben que o amiguismo e o partidismo son os criterios que emprega Isaac Vila para tomar calquera decisión. Non é a primeira vez que o alcalde popular fai este tipo manobras para favorecer a quen a el lle interesa", e recordan que no 2007, ano de eleccións municipais, no Concello realizáronse dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, preto de 70 contratos de traballo. "Cambiando postos de traballo por votos, calquera obtén maiorías absolutas", conclúe o PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital