Home  
 
 
 
 

Marga Martín

 
  A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense organiza a I Semana adicada ós maiores, que se desenvolverá do día 26 ó 30 de maio. Inclúe charlas, teatro, música, un Pleno e unha homenaxe ós ourensáns centenarios, segundo espuxo este mércores a concelleira de Benestar Social, Marga Martín. En Ourense hai agora mesmo 44 maiores que alcanzan o século de vida e aínda o sobrepasan, pero, polo de agora, o Concello só logrou comprometer a presencia de tres deles nunha homenaxe que se lles adica dentro desta Semana
 
 
O Concello de Ourense organiza a I Semana adicada ós maiores, que rematará cunha xornada adicada ós centenarios
8 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

"Os nosos maiores están a amosar un crecente interese por aproveitar o seu tempo libre como oportunidade de esparcimento, o que lles permite iniciarse nun novo período de desenvolvemento persoal", sinalou a concelleira de Benestar Social, Marga Martín, cando presentou na mañá deste mércores a Primera Semana de actos adicados ós nosos maiores. "Por isto, a Concellería de Benestar Social quere  ofrecerlles unha semana chea de actividades de animación, culturais, formativas e de ocio que contribúan a elo, e veñan potenciar  o desenvolvemento persoal ó tempo que sirvan para que as persoas poidan expresarse e comunicarse cada vez máis cos seus semellantes e co seu entorno", engadiu a concelleira responsable destes asuntos.

Tódolos interesados poden recibir máis información na Concellería de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, número 14, teléfono 988 388137. Tódalas actividades son gratuítas, agás a comida, que ten un custe de 9 euros. Neste caso, os interesados en participar deberán retirar a súa entrada na Concellería antes do día 27 de maio.
Para participar na visita ó balneario ou asistir ó teatro, os interesados deberán achegarse á Concellería e retirar as invitacións correspondentes.
As actividades rematarán con unha xornada adicada ós centenarios e decir, a aquelas persoas que alcanzaron o século de vida. Segundo as contas do Concello de Ourense, hai agora mesmo no municipio 44 persoas que contan cen ou máis anos de vida, ainda que, polo de agora, a Concellería de Benestar Social só pudo comprometer a presencia no acto do venres, día 30, a tes deles.

Programa de Actividades

Luns, 26 de maio

11.00h: Charla médica a cargo de Marisol López Reyes,  no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Tema: “Alimentación e saúde na idade avanzada ”.

17.00h: Visita ó balneario de Laias (Prazas limitadas).
Recollida de invitacións nas Oficinas dos Servizos Sociais. Saída do Pavillón dos Remedios ás 16.30h (é necesario presentarse as 16:00 no Pavillón coa correspondente invitación)

Martes, 27

11.00h: Mesa Redonda –debate,  no Centro Cultural da Deputación.

Invitados:
- David Llorente Rey , Subxefe da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense. Tema: “ O maior e a mobilidade”.
- Lucía Serantes Lorenzo, Delegada da Fundación RACC en Galicia y Asturias. Tema: “Atención, todos somos peóns”.
Maximo  Cid Ferro , Delegado de P(A)T Galicia. Tema: “Experiencias municipais en materia de Educación Vial”

Presenta e modera: Recaredo Paz Prieto, Presidente de Aixiña Ourense.

20.00h: Representación da obra teatral “ Aturuxo en gotas” polo grupo ATURUXO, no Teatro Principal. Recollida de invitacións nas oficinas dos Servizos Sociais.

Mércores, 28

11.00h: Visita guiada polo casco antigo da cidade. Lugar de saida: As Burgas

20.00h: Representación da obra teatral “ Aturuxo en gotas” polo grupo ATURUXO, no Teatro Principal. Recollida de invitacións nas oficinas dos Servizos Sociais.

Xoves, 29

11.00h: Charla- conferencia no Centro Cultural da Deputación
Invitado: Ignacio Rafael Ramos (bombeiro).
Tema:  “Autoprotección no fogar: para un fogar máis seguro”

Dende as 18.30h ata as 21.30h:  Baile  no salón do Restaurante Xesteira amenizado polo  duo “Marfil”. Entrada libre e gratuita.

Venres, 30 de maio

11H: “Representación dun Pleno Municipal polos nosos maiores”, no Salón de Plenos.

14.30h: Comida no Restaurante Xesteira. As persoas maiores que queiran asistir deberán aboar e retira-la súa entrada nas oficinas dos Servizos Sociais. (Prezo 9€ ).

16.30h: Actuación de QUEIXUME DOS PINOS no Restaurante Xesteira. Espectáculo de música e canto, pandeiretada e música tradicional.

19.00h: Homenaxe as persoas centenarias da cidade de Ourense  no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo. A asistencia a esta actividade estará aberta a todas aquelas persoas que desexen asistir.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital