Home  
 
 
 
 

Pié de Foto

 
  Os sindicatos convocantes da mobilización deste martes en Santiago, á que -se anuncia- seguirán máis en vindeiras datas, elaboraron un reseña de como cronolóxicamente se foron producindo os feitos, dende "o primeiro paso da demolición ata os cementos" do sistema de contratación público, ata a máis recente "auténtica puñalada ao Servicio Público de Extinción de Incendios Forestais", que, segundo as organizacións sindicais, ocorreu cando Medio Rural, co permiso do Goberno galego, lle encargou a SEAGA a xestión do reforzo do verán.
 
Noticias Relacionadas
  Trabajadores y sindicatos se movilizan contra Medio Rural, al que acusan ahora de "ir por los pueblos contratando a dedo"
 
 
Reseña cronolóxica dos feitos a modo de manifesto
7 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Dende que, no ano 2006, Medio Rural asumise plenamente a organización e contratación do dispositivo de reforzo do verán, as persoas inscritas nas listaxes publicas de contratacións temporais da Xunta de Galicia, viron como en 2 anos, esta Consellería conseguiu vaciar de feito, unhas listaxes nas que estaban anotadas miles de persoas en toda Galicia e que, como tódolos anos, viñan sendo contratados logo de superar as probas físicas pertinentes.

O primeiro paso da demolición ata os cementos deste sistema de contratación público e obxectivo fora dado xa no mesmo ano 2006 cando Medio Rural, xa non fixera ningunha contratación nalgunha categoría profesional pese a existir listas de contratación, optando a Consellería nese verán por crear unhas brigadas experimentais (belugas) con xente sen experiencia e contratada de forma nepótica, dactilar e clientelar e como primeiro experimento iniciático de proba encamiñado a iniciar o desmantelamento do Servicio PUBLICO e a externalización da xestión da loita contra os incendios forestais.

No verán de 2007 a contratación de persoal a través das listaxes publicas de contratacions sufriu unha drástica restricción e produciuse a entrada en escena da empresa SEAGA, SA de forma real, visualizandose claramente xa cal iba a ser a verdadeira finalidade da creación deste chiringuito: fagocitar paseniñamente, fase a fase, tódos os 5500 empregos públicos fixos e temporais do dispositivo fixo e eventual do Servicio PUBLICO de Defensa Contra Incendios Forestais ata darlle a puntilla a un SERVICIO PÚBLICO ESENCIAL REITERADAMENTE VALORADO COMO CONTRASTADAMENTE EFICAZ EN TÓDOLOS ÁMBITOS PROFESIONAIS DO ESTADO

A principios de decembro de 2007, Médio Rural xa utilizou SEAGA, SA para suplantar aos 610 traballadores fixo discontínuos de plantilla do SPDCIF despois de cesalos irregularmente co argumento falso e mentireiro de que “non había carga de traballo”.

Neste verán de 2008 Medio Rural vai contratar a 2289 traballadores a traves da Sociedade Anónima SEAGA fronte a únicamente 500 polas listas públicas de contratacións da Xunta de Galicia optando pola inexperiencia fronte a experiencia e polo oscurantismo fronte a transparencia, despreciando o sistema publico de contratacion

Fai tan solo uns dias, no derradeira xuntanza do Consello da Xunta de Galicia celebrado o pasado dia 30 de abril, Médio Rural coa connivencia de todo o goberno bipartito consumou todos este feitos que dencunaimos e decidiu darlle unha auténtica puñalada ao SERVICIO PÚBLICO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS ao encargándolle a xestion do reforzo de veran a SEAGA para o que se decidiu inxectar 21 millons de euros e consolidar asi dous operativos paralelos: por un lado o servicio publico transparente e eficaz e por outro o chiringuito seagasa , clientelar, opaco com condicions de traballo moi precarizadas e cunha incerta rendabilidade operativa e social.

Medio Rural, agora, liquida o sistema de reforzo da tempada de alto risco a pesar de funcionaba razonablemente ben e que era, na práctica, a verdadeira escola de probas e o viveiro do verdadeiro relevo xeracional dos traballadores de plantilla do servicio público

Medio Rural, conseguiu en 2 anos, o que nin xiquera intentou o anterior goberno en 16 anos de maioría absoluta: a creación pola propia administración autonómica dunha “sociedade anonima pararela” creada para suplantar o servicio e o dispositivo de reforzo públicos provocando que milleiros de traballadores com experiência que estaban inscritos nas listaxes publicas de contratacions, acaben por perder o interese en formar parte dun dispositivo e dun servicio que, ata o de agora era público, e que a partir de agora será externalizado, mais precarizado e mais caro para tódolos cidadáns.

Médio Rural, coa sua decisión, despreciou a centos de profesionais e prendeu a mecha da ignición lenta pero certa dun servicio publico esencial e eficaz no que 1600 traballadores de plantilla e ata 5500 en total na época de máximo risco levamos anos loitando contra os lumes nos nosos montes, arriscando as nosas vidas nunhas condicións laborais casi escravistas e cuns medios materiais máis que precarios na maioria das ocasións

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital