Home  
 
 
 
 
Durante a pasada madrugada, o alcalde de Ourense realizou en Bos Aires un chamamento aberto ós emigrantes ourensáns na Arxentina para que retornen e a aproveiten as expectativas de crecemento que os proxectos en marcha na cidade presentan para as inversións. Ainda que "Ourense está donde está un ourensán", sinalou o alcalde, "sen vos faltan cando menos 70.000 veciños e veciñas de Ourense", dixo Francisco Rodríguez. O alcalde aseguroulle aos galegos na diáspora que a cidade vai camiño de convertirse no que sempre foi, cruce de camiños, "pero esta vez son camiños para chegar e quedarse en Ourense, e non camiños para marchar". 
 
Noticias Relacionadas
  O alcalde  invita ós empresarios galegos en Arxentina a invertir nun Ourense “que crecerá un 20% nos próximos anos” gracias ó AVE
 
 
 
Rodríguez anima aos galegos na Arxentina a volver a Ourense, xa que "sen vos faltan cando menos 70.000 veciños e veciñas"
7 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL

Na Delegación da Xunta en Bos Aires, ante unha trintena de representantes dos Centros Galegos de toda Arxentina, Francisco Rodríguez trasmitíulles unha mensaxe clara os veciños na diáspora: que ainda que "Ourense está donde está un ourensán", moito mellor si os 70.000 que faltan voltan a Ourense.
Sería para ver medrar un Ourense distinto, o que está a piques de nacer para os vindeiros anos tal e como o proxecta o Partido Socialista, dixo Rodríguez. "Os socialistas estamos xestionando dende o Concello un programa político para unha cidade en tranformación e progreso, que asume novas realidades sociais como a chegada de novos residentes, entre os que destacan, pola problemática específica que lles afecta, os inmigrantes e, sobre todo, os emigrantes retornados", sinalou o rexedor municipal.

Segundo Rodríguez, hai unha nova realidade de Ourense: "é que antes emigrábamos, e agora recibimos inmigrantes, e recibimos os ourensans que voltan á terra". Recalcou neste senso Francisco Rodríguez os Programas de Benestar Social que se están a por en marcha, "un Plan de Actuación que ampliamos cada ano para fomentar a integración e a participación social, a  integración laboral e educativa, o acceso a vivenda ou integración de fillos e familiares que chegan tras eles para instalarse igualmente na nosa cidade", sinalou.
"Somos conscentes de que os recursos son escasos sempre, pero no orzamento municipal de este ano temos incrementado nun 26% as partidas económicas para servicios socias e programas de benestar social, e estamos traballando moi intensamente para coñecer, avaliar e impulsar solucións integrais á problemática dos novos residentes e emigrantes retornados", dixo na súa alocución.

Rodríguez apostou por un retorno seguro de que "cando decidades regresar cheguedes a unha cidade moi distinta da que abandonastedes", fermosa, acolledora e en progreso, sinalou.
Ao igual que xa fixera ao dirixirse aos empresarios galegos, Rodríguez destacou o pulo que aportará a cidade a chegada da Alta Velocidade, o que definiu como un "proxecto espectacular de máis de 250 millóns de euro de inversión", que situará a capital ourensán a non máis de duas horas de Madrid.
Segundo Rodríguez, este será o proxecto de cidade máis importante en un século "porque vai convertir Ourense nun área de oportunidade, unha zona con gran proxección para proxectos empresariais, para desarrollo económico e desarrollo turístico".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital