Home  
 
 
 
 
  No pleno deste xoves do Concello de Xinzo de Limia, o grupo de goberno co alcalde, Isáac Vila, ao frente, aprobará un incremento nas retribucións de algúns concelleiros que pasarán a cobrar 150 en vez dos 60 que ata agora cobraban, e que serán 300 no caso do tenente de alcalde. Esto por "asistencia a órgano colexiado" é decir, xuntas de goberno, comisións e plenos. Segundo o Grupo do BNG, "esto na práctica supón a asignación dun soldo mensual encuberto" para os concelleiros que integran a Xunta de Goberno Local.
 
 
Os concelleiros do PP de Xinzo súbense os prezos e cobrarán un 150% máis dende este xoves
24 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Segundo os cálculos do BNG no Concello de Xinzo, baseados no número de reunións que se celebran mensualmente, os incrementos que este xoves aprobará a maioría de goberno do PP no Concello "suporán para os veciños e veciñas de
Xinzo un desembolso mensual de 3.750 euros", dos cales, sinala o BNG,  1.500 euros corresponderán só ao Tenente de Alcalde, e 750 euros a cada un do resto de concelleiros integrantes da Xunta de Goberno.
Ademais, sinala o portavoz nacionalista Amador Díaz Penín, "a estas cuantías hai que sumar as asistencias a Comisións Informativas, Plenos e Xuntas de Portavoces que poden supoñer uns 200 euros mensuais adicionais de media".

Os nacionalistas no Concello de Xinzo denuncia que "o grupo de goberno pretende consumar este feito mediante un capítulo incluído nas Bases de Execución do Orzamento do 2008 e, como ven sendo práctica habitual, sen transparencia e sen dar lugar a ningún tipo de debate".
Para o Grupo do BNG, resultará difícil explicarlle aos veciños que "un concello endebedado coma o noso, no que a partida para inversións neste ano é do 15% e depende en exclusiva da venda de patrimonio de todos, o Sr. Alcalde incremente os gastos de asistencia a órganos corporativos nun 150%".
Os nacionalista anuncian que no pleno deste xoves van plantear que "se deixe sen efecto a correspondente Base do orzamento e se continúen a percibir as retribucións dos exercicios anteriores".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital