Home  
 
 
 
 
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, confirmoulle este martes ao alcalde de A Mezquita, José Luis Santamarina, o investimento de 560.000 euros para a segunda fase de abastecemento, saneamento e pavimentación en Vilavella 
O conselleiro tamén asumiu o compromiso de financiar o sistema de cloración de augas do municipio
 
 
 
Medio Ambiente financiará o sistema de cloración de auga de A Mezquita e o abastecemento e saneamento á Vilavella
9 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará a instalación do sistema de cloración de auga e a segunda fase das obras de abastecemento, saneamento e pavimentación no concello ourensán de A Mezquita. Así llo confirmou o conselleiro, Manuel Vázquez, ao alcalde, José Luis Santamarina, nunha reunión celebrada en Santiago na mañá deste martes.
O conselleiro asumiu o compromiso de financiar o sistema de cloración de augas do municipio da Mezquita a través de Augas de Galicia, unha vez o Concello elabore o proxecto para acometer as obras.

A Consellería de Medio Ambiente anuncia, así mesmo, que tamén asumirá o custo da segunda fase de abastecemento, saneamento e pavimentación a Vilavella, cun investimento de 560.000 euros, segundo lle confirmou Manuel Vázquez a José Luis Santamarina nesta reunión.
Outro dos proxectos previstos no municipio da Mezquita no que colaborará a Consellería de Medio Ambiente será a instalación dunha illa ecolóxica, que agrupa os contedores soterrados para a reciclaxe de residuos.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital