Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno do Concello de Ourense adxudicou na súa xuntanza deste xoves a execución das obras de acondicionamento do edificio administrativo de titulariedade municipal ubicado na Praza de San Martiño, onde hasta fai pouco se ubicaban as dependencias da Policía Local. Aquí pretende o Concello acoller dependencias de diferentes áreas municipais.
 
 
O antigo edificio da Policía Local acollerá dependencias de diferentes áreas municipais
4 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

As obras serán realizadas pola UTE formada polas empresas Construcciones Orega S.L. E Construcciones Delfín Ferreiro”, e suporán un investimento de 274.957,30 euros, segundo acordou a Xunta de Goberno do Concello de Ourense de este xoves.
"O proxecto xurde ante a necesidade de acoller nun edificio de titularidade municipal os diversos servizos que a data de hoxe se atopan dispersos en varias dependencias de aluguer, mediante o acondicionamento deste inmoble de titularidade municipal", sinala o Concello.

Basicamente, mantéñense as divisións existentes, repáranse solos, paredes e teitos, actualízanse as instalacións, refarase parte da carpintería, e outra se retira para ser substituída mellorando as condicións térmicas e a climatización, sen plantexar variacións de volume nin altura. O proxecto foi redactado polo servizo municipal de Urbanismo, e a superficie construída manterase en 962,06 metros cadrados, cun total de superficie útil de 709 metros cadrados.

14.000 euros en subvencións para actividades culturais

Na mesma sesión, a Xunta Local aprobou a convocatoria pública de subvencións paras as persoas físicas ou xurídicas, asociacións, comisións e entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituidas, que desenvolvan accións no eido da cultura no Concello de Ourense no exercicio do 2008. A Concello destinará 140.000 euros a esta convocatoria.

"O acordo da Xunta de Goberno Local xurde atendendo ó obxectivo prioritario do Concello de potenciar as actividades lúdicas, culturais e festivas nois barrios, considerando unha obriga inexcusable prestar apoio ás entidades que traballan neste eido e posibilitando a realización dun tipo de actividades de promoción, animación e difusión da cutura que sexa de interese á poboación", sinálase na resolución dos acordos da Xunta de Goberno.

Condea aos autores de pintadas na Praza Maior

A Xunta Local foi informada tamén da sentencia ditada polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Ourense, pola que se condea a J.P.C e P.I.B.C. como autores dunha falta de danos ocasionados a bens de propiedade municipal (pintadas na Praza Maior) á pena de 4 días de localización permanente, así como a que, en concepto de responsabilidade civil, indemnicen ó Concello na cantidade de 150 euros, polos perxuicios causados.

As dilixencias incoáronse como consecuencia da denuncia interposta por axentes de Policía Local, que ás 20:17 horas do día 20 de outubro de 2007 sorprenderon ós denunciados cando realizaban pintadas na Praza Maior. Os feitos foron recoñecidos polos denunciados.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital