Home  
 
 
 
Francisco Rodríguez, PSOE
Alex Sánchez Vidal, BNG
Enrique, Poly, Novoa, PP
 
Relacionados
  PULSÓMETRO á 17 de Febreriro de 2008
  PULSÓMETRO á 24 de Febreiro de 2008
 
Rodríguez pecha febreiro sendo o político máis valorado do Concello de Ourense, e con Poly Novoa acurtando distancias  
3 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

O socialista Francisco Rodríguez, alcalde, é o político do Concello de Ourense máis valorado no Pulsómetro de Ourense Dixital neste mes de febreiro que acaba de rematar. Rodríguez acadou o 45% dos votos emitidos, o que representa un ampla vantaxe sobre os líderes do BNG e do PP.

O nacionalista Alexandre Sánchez Vidal conseguiu o 30% de respaldo, mentras que Enrique, Poly, Novoa pechou febreiro co 25% de apoio.

Sánchez Vidal foi o político máis estable ao longo do mes, xa que experimentou unha fluctuación entre o 31% e o 30% de voto. Por contra, o socialista Paco Rodríguez pechou mes co resultado máis pobre acadado, xa que o abriu con un 48% de apoio, baixou na penúltima semana ao 46%, e pechou mes co definitivo 45% de respaldo.
No polo contrario ao socialista sitúase o popular Enrique Novoa, que pechou febreiro co mellor resultado de todo o mes, o 25% de apoio. Novoa abriu con un 21% de apoio, e contabilizou na penúltima semana de febreiro o 24%.

Peche anticipado de enquisas

Ourense Dixital viuse obligado a pechar o Pulsómetro con duas xornadas de antelación ao previsto e o remate do mes.
Ao detectarse que os sistemas contratados por OuD coa casa interrogantes.com podían e empezaron a ser vulnerados interesadamente durante a mañá do día 28, retrotraéronse os resultados ás duas da mañá deste día, o 28 de febreiro, e pechouse o sondeo.

Ourense Dixital reanudará o Pulsómetro unha vez que acade un sistema suficentemente seguro que evite torpes e sempre interesadas manipulacións neste tipo de votacións.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital