Home  
 
 
 
 

David Simón Lorda, director provincial do SERGAS

 
  O Diario Oficial de Galicia publicou a adxudicación do contrato para a adquisición de equipamento electromédico por un importe de total 3.692.601 con destino á Fase I do Plan Director do Complexo Hospitalario de Ourense, entre o que destacan os dous aceleradores lineais para tratamento oncolóxico, que permitirán o tratamento integral oncolóxico desde Ourense.
 
 
Cerca de 4 millóns de euros en equipamentos para o CHOU, dos que o 7% serán para dous aceleradores lineais de Oncoloxía
31 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A complexidade e alto custo deste equipamento oncolóxico, 2.585.000 euros (o 70 por cento desta partida orzamentaria), fai que se fabriquen á demanda unha vez adxudicado o concurso, medida que asemade permite evitar a obsolescencia técnica, e que cada novo equipo responda a mais última tecnoloxía dispoñible. Por elo os responsables do Complexo Hospitalario de Ourense agardan estean dispoñibles no último trimestre deste mesmo ano, o que asemade permitirá realizar as obras de adaptación que permitan acoller os dous equipos, xa que no proxecto inicial do plan director só estaba proxectado un.

A entrada en servizo destes dous aceleradores permitirán substituír e superar as actuais prestacións da bomba de cobalto e cubrir, desde o propio centro ourensán, a práctica totalidade dos tratamentos de radioterapia externa existentes na actualidade, para atender aos pacientes oncolóxicos. Segundo as estimacións do Servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario de Ourense, os novos equipamentos permitirá atender a mais de 600 pacientes por ano, e cubrir as necesidades asistenciais desta provincia para polo menos os próximos dez anos.

Os novos dispositivos de tratamento oncolóxico do CHOU incorporarán tecnoloxía de última xeración que permitirán aplicar novas técnicas como a radioterapia de intensidade modulada e de radioterapia guiada por imaxe (IGRT). Ambos constitúen dous dos principais avances tecnolóxicos da especialidade, xa que permiten unha gran precisión na localización e seguimento dos tumores e na aplicación da radiación terapéutica.
Os aceleradores IGRT son capaces de comprobar en tempo real a exactitude do campo de irradiación, de xeito que permiten corrixir desviacións no posicionamento do paciente, do órgano onde se localiza o tumor ou incluso variacións no tamaño do tumor como resposta aos tratamentos. Para elo utilízase tecnoloxía de imaxe TAC integrada.

O resto do investimento incluído neste concurso, 1.252.601 euros, corresponden a equipos de densiometría, de macrofotografía dixital, e marcadores de mostras, entre outros aparellos. Asemade o importante volume deste investimento precisou dividilo en dúas anualidades, a primeira efectiva en 2007 e o resto con cargo os orzamentos deste mesmo ano.
O Servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario de Ourense conta na actualidade con tres facultativos especialistas, dous radiofísicos, cinco técnicos especialistas en radioterapia, unha enfermeira e persoal administrativo que, a posta en marcha destes novos equipos, se beneficiarán dun importante incremento no seu cadro de persoal.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital