Home  
 
 
 
 

Eladio Fernández

 
  O Partido Socialista de San Cibrao denuncia a falla de transparencia que caracteriza a xestión do Grupo de Goberno do Partido Popular no Concello. Tal é a conclusión extraída polo portavoz socialista, Eladio Fernández ao rematar o pleno deste xoves, no que a alcaldesa,  Elisa Nogueira, e o tenente de alcalde, José Méndez Grande,  "se negaron a contestar algunhas das preguntas plantexadas polo grupo socialista", sinala o seu portavoz.
 
 
A alcaldesa de San Cibrao di que si os coches da Deputación repostan ou non na gasolineira do tenente de alcalde "non interesa a ningúen"
28 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O portavoz municipal do Partido Socialista formulou varias preguntas no pleno de marzo do Concello de San Cibrao das Viñas celebrado este xoves pola mañá, sobre a actividade empresarial do primeiro tenente de alcalde, propietario de varias empresas situadas no termo municipal de San Cibrao, segundo o portavoz socialista, Eladio Fernández. 
Fernández sinala que o seu grupo ten  sospeitas de que "a gasoliñeira do Polígono de San Cibrao, propiedade de Méndez Grande, está enchendo os depósitos dos vehículos dependentes da Deputación,  polo que preguntamos a canto ascendía a facturación á Deputación pero, a Sra. alcaldesa  negouse a contestar". Segundo a alcaldesa de San Cibrao e deputada provincial, Elisa Nogueira, este tipo de cuestións "non interesan a ninguén". Ao que o portavoz socialista sinala que "parécenos incrible que á alcaldesa non lle interese o funcionamento das empresas asentadas no Concello sobor de todo, cando estamos a falar dunha empresa que non só está instalada no municipio que ela dirixe, senón que tamén é propiedade do seu tenente de alcalde".

Os socialistas de San Cibrao pregúntanse os motivos polos que a alcaldesa "se pon tan nerviosa e se altera tanto" cando nas sesións plenarias se lle pregunta polos negocios do seu tenente de alcalde e, se nega a dar calquera tipo de explicación. "Cada vez que facemos algunha pregunta sobre o tenente de alcalde, Elisa Nogueira ponse dos nervios, síntoma de que algo ten que ocultar" asegura Eladio Fernández.
Tamén sobre a actividade empresarial de Méndez Grande,o portavoz socialista preguntoulle ao propio interesado se estaba a cumprir a resolución de ADIF na que se lle obriga a informar nos contratos de compra-venda dos edificios que construíu en Reboredo, así como das consecuencias negativas de vivir preto das vías do tren. Os socialistas de San Cibrao recordan que Méndez Grande é o construtor das vivendas de Reboredo situadas a menos de 8 metros da vía do tren. O edil popular negouse a responder.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital