Home  
 
 
 
 

Alfredo García

 
  O grupo provincial socialista presentará, no pleno do vindeiro venres, unha moción de urxencia instando á Deputación a cambiar o modelo de funcionamento das  Comisións. Os socialistas consideran que o sistema e os métodos de traballo da institución provincial son "personalistas e atrasados".
 
 
Os socialistas consideran que os métodos de traballo da Deputación de Ourense son "personalistas e atrasados"  
27 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Partido Socialista demanda que a Deputación Provincial de Ourense e os seus organismos autónomos, cada vez que vaian a participar ou a elaborar proxectos de interese provincial e financiados con fondos propios ou alleos, ademais de notificar o proxecto aos concellos afectados, convoque as comisións informativas necesarias para que tódolos grupos políticos poidan coñecer os proxectos e participar na súa elaboración.

O portavoz do Partido Socialista na Deputación, Alfredo García, critica que as Comisións Informativas “sexan tan só para dar o visto bo a proxectos que xa están pechados e que non se poden cambiar. Esa non é a finalidade destes órganos, polo que reclamamos que as Comisións se convoquen  para debater os proxectos e se permita a participación dos grupos políticos”.

Os socialistas denuncian o modelo de funcionamento da Deputación baseado no personalismo, mantendo ao marxe calquera posibilidade de participación dos grupos políticos. García recorda a petición que fixo o seu grupo para que o Plan de Obras Provincial se debatese no seu inicio e abrir a súa elaboración á participación de todos os grupos políticos. “A pesar desa petición o Plan foi presentado en Comisión unha vez que estaba pechado e non había posibilidade de cambiar nada.”

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital