Home  
 
 
 
 

Carme Adán

 
  Carme Adán e Xosé Francisco Ferreiro presentaron este mércores en Ourense o Plan de Formación para os traballadores das Escolas Infantís que promove Vicepresidencia da Xunta de Galicia. En total son 30 actividades formativas dirixidas a máis de 2.200 profesionais.
 
 
Presentado en Ourense o Plan de Formación para os traballadores das Escolas Infantís
13 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Secretaría Xeral da Igualdade mellorará a formación dos traballadores e traballadoras das escolas infantís de cero a tres anos en Galiza. A través do Plan de Formación 2008, o primeiro destas características que se pon en marcha no país, darase un paso máis no reforzo do proceso de formación deste colectivo ao tempo que se avanza no recoñecemento profesional dos traballadores e traballadoras deste ciclo formativo. O proxecto, que se desenvolverá ao longo deste ano, foi presentado este mércores en Ourense pola secretaria xeral da Igualdade,

Carme Adán, e polo delegado provincial, Xosé Francisco Ferreiro.

Os principais obxectivos do Plan de Formación 2008 céntranse en proporcionar ao persoal das escolas infantís galegas os recursos para a actualización profesional permanente; en mellorar a calidade da oferta educativa dos centros; difundir estratexias, metodolóxicas e organizativas, para a intervención e mellora dos procesos de desenvolvemento das crianzas; impulsar o aproveitamento das tecnoloxías da información e comunicación na práctica dos centros; e ofrecerlle aos profesionais unha cualificación polivalente e flexible.

No decurso do acto, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, salientou a importancia de avanzar na formación permanente dos profesionais das escolas infantís, para que poidan responder aos retos actuais e ás novas esixencias coas que se atopan nos centros. Así, co Plan de Formación 2008 preténdese achegar as respostas ás inquedanzas amosadas polos diversos colectivos de profesionais que desenvolven o seu traballo nas escolas infantís.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital