Home  
 
 
 
 

Javier Manjarín

 
  Javier Manjarín e Francisco González, "Fran" estarán en Ourense este xoves para as I Miniolimpiadas que comenzan as 11 da mañá no Pavillón dos Remedios, segundo ven de anunciar o Concello de Ourense
 
 
Os ex Depor Fran e Manjarín estarán en Ourense este xoves nas Miniolimpiadas ourensás
12 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Os ex futbolistas Francisco González “Fran” e Javier Manjarín, participarán o xoves, 13 de marzo na actividade “I Miniolimpiadas ourensás”, que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense dentro do programa “Educación e Deporte”. Dende as 11:00 horas ata as 12:30, no Pavillón dos Remedios, uns 120 escolares de 7 centros educativos participarán en diferentes probas deportivas, que rematarán ás 12:30 coa entrega de premios á que asistirán representantes do Concello e os dous ex futbolistas.

Fran e Manjarín participarán nesta actividade froito da colaboración entre a Concellería de Educación do Concello de Ourense e a Fundación Educación, Deporte e Saúde, Fedys, que preside o galego Fran e na que participa Javier Manjarín, xunto con outros deportistas.

 

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital