Home  
 
 
 
 
  Participación Cidadá do Concello de Ourense anunciou este martes que pensa incrementar un 38% neste ano as axudas as actividades culturais e sociais das asociacións veciñais desta cidade. Isto fundamentalmente tradúcese na renovación do convenio con Limiar polo que se facilitaran 33.598 euros a xustificar, e adicando unha xornadas das Festas de Ourense ás asociacións veciñais.
Así o anunciou aos propios directivos de Limiar a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, nunha xuntanza mantida na Casa do Concello na mañá deste martes.
 
 
O Concello incrementará un 38% as axudas ao movimento veciñal, e adicará unha xornada das Festas de Ourense ás as asociacións de veciños
12 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense incrementará un 38% o apoio económico ás actividades culturais, de carácter social e formativas que organicen as asociacións de veciños de Ourense durante o presente ano 2008. Con esta finalidade, o montante destinado a estas axudas en 2007, 36.000 euros, incrementarase ata 50.000 no presente ano 2008. A concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, informou desta medida a Limiar, no transcurso da xuntanza mantida na mañá deste martes no salón de plenos do Concello coa directiva da federación.
A concelleira comunicou a Limiar que o Concello asinará un convenio de colaboración con Limiar para o presente ano, co que facilitará un apoio económico de 33.598 euros ó desenvolvemento de programas e actividades organizadas pola Federación para representar os intereses veciñais. O convenio, con vixencia dun ano, incorpora unha cláusula, pola que a Federación deberá presentar con carácter anual á Concellería unha memoria comprensiva das actividades e programas a realizar e unha avaliación económica dos seus custos. O pagamento da axuda efectuarase previa rendición por Federación Limiar a pertinente conta xustificativa.

María Devesa e a directiva de Limiar acordaron manter xuntanzas periódicas, cada dous meses, para tratar temas de interese para o cidadán.
A concelleira reiterou a vontade de dar contestación a tódolos escritos presentados polas asociacións veciñais. Tamén lles comunicou que a Concellería realizará obras de mellora en diferentes locais de titularidade municipal nos que desenvolven a súa actividade as asociacións de veciños e proporcionará axudas ás asociacións para adquisición de material.
Finalmente, María Devesa avanzou a Limiar que a Concellería dedicará ás asociacións de veciños de Ourense unha xornada das Festas de Ourense 2008, cun programa de actividades lúdicas e culturais nas que as asociacións terán un papel protagonista e poderán amosar os resultados dos cursos, obradoiros e actividades culturais que desenvolven.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital