Home  
 
 
 
 
  Un total de 1.179 estudantes de Secundaria e 51 profesores de 12 centros educativos da cidade participarán este xoves no programa de Educación para a Saúde “Cinensino”, que organiza a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. No Auditorio Municipal terán lugar dúas proxeccións da película “Salvatore. Así es la vida”, ás 9:00 e ás 12:00 horas.
 
 
Máis de 1.100 estudantes de Ourense participan este xoves no programa "Cinensino" de Educación para a Saúde    

Máis de 1.100 estudantes de Secundaria participarán este xoves no programa de Educación para a Saúde a través do cine “Cinensino”, que organiza a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.
Cinensino é un programa de Educación para a Saúde dirixido a alumnos de Secundaria no que, mediante a proxección dunha película, se afondará e traballará sobre diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas. O programa consta dun curso de formación en drogodependencias para o profesorado, o visionado de tres películas ó longo do

curso escolar “Alex Rider. Operación Stormbreaker”, “Salvatore. Así es la vida” e “Un puente hacia Terabithia”, e de tres unidades didácticas para realizar actividades didácticas cos alumnos nas aulas.
Na sesión de este xoves proxectarase a película “Salvatore. Así es la vida”, coa que se pretende agudizar o sentido crítico e desenvolver estratexias que impidan converter o lecer xuvenil nun tempo de consumo.

Este programa da Concellería de Sanidade desenvólvese nos centros educativos para aproveitar o seu gran potencial para a posta en marcha de accións de carácter preventivo en relación co consumo de drogas, xa que estes centros acollen durante anos á práctica totalidade da poboación adolescente, o sector considerado como de maior risco en canto ó inicio do consumo de drogas.

Cinensino aproveita o cine como ferramenta privilexiada para lexitimar comportamentos, que axuda a observar, e nos fai críticos e abertos a unha linguaxe máis global, e permite ensinar ou de aprender actitudes e comportamentos saudables. Os obxectivos xerais do programa son ofrecer ós mozos información veraz e detallada acerca da natureza, efectos e riscos derivados do uso de drogas, contrarrestar a influencia dalgúns factores que poden favorecer a aparición de problemas de consumo (falta de información, subxectividade da mesma, crenzas de autoprotección e resistencia ó dano, etc), fortalecer nos alumnos recursos persoais que lle permitan manexarse en situacións de grupo relacionadas co consumo de drogas e promover o desenvolvemento de actitudes e valores favorecedores da saúde, a ocupación enriquecedora do tempo mediante o ocio e os deportes, sinala o Concello de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital