Home  
 
 
 
 

Pié de Foto

 
  Ourense disporá de un Plan de Emerxencias para a cidade, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde do Concello desta cidade, Alex Sánchez Vidal. Agora mesmo, segundo Sánchez Vidal, "estanse a por as bases para elaborar este Plan", que recordou o titular de Tenencia de Alcaldía "é obrigatorio por Lei".
 
 
O Concello de Ourense traballa na elaboración dun Protocolo de Emerxencias para casos excepcionais  
6 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

Aínda que sen avanzar máis que os obxectivos do mesmo e as hipotéticas situacións, todas elas excepcionais, que sería preciso afrontar, o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Alex Sánchez Vidal, anunciou este mércores que o seu departamento traballa na actualidade na elaboración do que será o Plan de Emerxencias para a cidade. Será unha especie de manual de "primeiros auxilios" para casos excepcionais de emerxencias e catástrofes. E dicir, segundo Sánchez Vidal, "o que sería preciso facer ante os peores imprevistos que se puidesen dar na nosa cidade".
Así, un destes casos considerado como de máxima emerxencia sería a situación que derivaría da rotura do encoro de Velle e a conseguinte avalancha de auga. Para situacións extremas de este tipo é para o que o Concello de Ourense en colaboración con Protección Civil traballa actualmente neste Protocolo.

Isto foi dado a coñecer na presentación da memoria de actuacións dos servizos de Protección Civil no 2007, cifrados en 1.394 servizos de ambulancias e 1.734 operativos programados, aos que hai que engadir 18 non programados é dicir, aqueles relativos a catástrofes naturais (neste caso inundacións), incendios, procura de persoas desaparecidas, rescates de animais, accidentes de tráfico e fugas de gas.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital