Home  
 
 
 
 
  Concello de Ourense e Consellería de Política Territorial asinarán un convenio para dotar de canalización de augas pluviais ao barrio de Rairo desta cidade, así como acometer as necesarias melloras medioambientais. O concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, e o delegado da Consellería, Raúl Fernández, anunciaron xa esta medida á asociación de veciños, que participará na definición do proxecto a executar, segundo anuncia o propio Concello de Ourense.
 
 
Concello e Medioambiente da Xunta acometerán as obras de canalización de augas pluviais en Rairo  
5 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

O concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ourense, Demetrio Espinosa e o delegado en Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Raúl Fernández, mantiveron na mañá deste martes unha xuntanza coa presidenta e directivos da asociación de veciños de Rairo. O obxectivo desta xuntanza era expoñer ós veciños as vías de colaboración que se abriron entre o Concello e a Consellería de Política Territorial para a execución de obras de canalización de augas pluviais e actuacións de mellora medioambiental comprometidas no seu día, con motivo da execución da estrada A Granxa-Rairo.
Na xuntanza deste martes, e logo das conversas mantidas durante as últimas semanas, o delegado da Consellería e o concelleiro de Medio Ambiente avanzaron ós veciños o compromiso da Consellería de Política Territorial de aumentar o orzamento inicial desta obra, para incrementar a dimensión do proxecto inicial, de canalización das augas pluviais, e acometer tamén actuacións de mellora medioambiental na zona.

Con esta finalidade, Concello e Consellería de Política Territorial asinarán nos próximos días un convenio de colaboración que definirá as actuacións e investimentos a realizar
Este acordo permite desbloquear un proxecto que estaba pendente dende o ano 2006 e que, froito da colaboración entre o Concello e a Consellería e Política Territorial, quedará resolto nas próximas datas.

A vontade de ambas administracións é que o proxecto a executar dea resposta ás necesidades actuais de Rairo a través do diálogo cos propios veciños. Con esta finalidade, no prazo de entre unha semana e dez días, técnicos do Concello visitarán Rairo para escoitar as demandas da asociación de veciños e incorporalas, cando proceda, ó proxecto a executar

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital