Home  
 
 
 
 

Eladio Osorio Castro, alcalde de Castro Caldelas

 
  Trinta veciños de tres aldeas da parroquia de San Paio, no municipio de Castro Caldelas, aseguran que dende maio de 2006 levan sen auga potable nas súas casas. O Concello dilles que a traída sairía moi cara. E nas delegacións de Ourense as que acudiron, Sanidade e Medioambiente, incluso se lles chegou a recomendar que acudirán a Fiscalía. O fixo, concretamente, o delegado de Sanidade, Juan Monedero Aguilera.
 
 
Trinta veciños de tres aldeas de Castro Caldelas levan dende maio de 2006 sen auga potable nas súas casas  
5 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os veciños dos lugares de San Miguel, Pousada e Santiurxo da parroquia de San Paio no Concello de Castro Caldelas, denuncian que non teñen auga potable nas súas casas. Situación que, segundo os veciños, "ven dada polo abandono e incompetencia do alcalde de Castro Caldelas coa permisividade e consentimento dos delegados de Sanidade e Medio Ambiente", sinalan os veciños nun comunicado emitido ao respecto. En total son trinta veciños de tres núcleos bastante afastados da capital do municipio, o propio Castro Caldeas, que na súa maior parte son persoas maiores.

Segundo denuncian os veciños, a auga que chega as vivendas procede dun regato denominado “Fraga da Cal”. Trátase dunha captación realizada nos anos sesenta, que non conta coas garantías mínimas de salubridade, ademais de que non se realiza ningunha depuración nin filtrado, segundo sinalan os veciños afectados. "Isto fai que a auga chegue as casas cargada de lodo e cheirando moi mal, o que impide o seu uso nas casas tanto para consumo como para aseo e limpeza".
Por iniciativa dos veciños realizáronse xa varias analíticas desta auga, con resultado de "contaminada e non apta para o consumo humano". Segundo os veciños, o Concello de Castro Caldelas sigue sen facer nada, é unicamente no mes de agosto pasado se limitou a emitir un bando no que se informaba da contaminación da auga.

Os veciños sinalan que a situación que padece non é nova, xa que a veñen padecendo dende maio de 2006. As solucións "pasan por facer unha captación nova de auga, municipalizar o abastecemento existente realizando as obras necesarias ou conectarnos a rede municipal que xa chega a aldeas próximas", sinalan os propios veciños. "Pero isto que pedimos, que constitúe unha obriga fundamental para o Concello, parece que non é unha prioridade para o alcalde socialista de Castro Caldelas,Eladio Osorio", sinalan os veciños, que só din atopar explicación á situación en que "somos poucos veciños e a obra costa moitos cartos".

Denuncias

Sinalan os veciños que esta situación a teñen denunciado ante as delegacións de Sanidade e Medio Ambiente de Ourense, "tendo por resposta o mais absoluto deixamento e pasividade". "Tivemos reunións cos delegados destas Consellerías, tamén Socialistas, e sempre nos din que non poden facer nada", engaden os veciños. Segundo os veciños, o delegado de Sanidade, José Monedero Aguilera, despois de dicirlles aos veciños que a súa delegación non podía facer nada, recomendoulles que acudiran a Fiscalía. Recomendación que os veciños din que tomarán en consideración, xa que "acudiremos no seu momento dando conta de todos os feitos, incluídos os seus, señor Monedero".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital