Home  
 
 
 
 
A recente desaparición do monolito adicado a Pura e Dora Vázquez, da pé aos veciños do Parque Barbaña a recordarlle ao Goberno no Concello de Ourense que non debe descoidar o coidado desta zona verde da cidade. Segundo a Asociación de Veciños "Parque Barbaña", aínda queda moito por facer, e alerta de que a zona sufre un constante desgaste que agravaron as actividades impropias do anterior goberno municipal.
 
 
 
Os veciños do Parque Barbaña piden ao Goberno municipal que non descuide os mínimos coidados desta zona verde da cidade
4 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL

"A desaparición do monolito adicado a Pura e Dora Vázquez no Parque Barbaña é unha mostra clara do deterioro ao que teñen chegado as zonas verdes da nosa cidade e este Parque en particular". Así se expresa nun comunicado a Asociación de Veciños deste Parque ao respecto do feito, que relacionan directamente co deixamento que o sitio sofre nos últimos anos. Recordan, ademais, que "este deterioro salpicou tamén á obra de Ignacio Basallo, polo que foi necesario retiralo para a súa reparación.

Os veciños cuestionan especialmente a xestión ao respecto do Parque feita polo anterior goberno municipal, xa que din que "descoidou os necesarios coidados que precisa unha zona verde, e ademais utilizou o Parque como recinto de barracas, feiras, botellón, etc.". Todas elas, segundo os veciños, "actividades propias douto tripo de espazos, xa que provocan un desgaste constante desta zona verde".
Denuncia a veciñanza que, a día de hoxe, "o Parque sigue sufrindo a falta de limpeza e ordenación do tráfico os días de feira, a falta de reposición de plantas, arboredo, coidados dos viarios e limpeza en xeral".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital