Home  
 
 
 
 

Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG-Ourense

 
  O feito de que o Valedor do Pobo comunicara a CIG a "apertura de oficio" dunha investigación "sumaria e informal" sobre o caso da manipulación do amianto na capital ourensá, leva agora a central nacionalista a insistir sobre o asunto, ao tempo que denuncia que nin Concello de Ourense, nin as delegacións de Traballo e Sanidade se puxeron en contacto coa central en relación a este asunto.
 
Noticias Relacionadas
  La CIG denuncia la falta de protección en los trabajos del Casco Vello de la ciudad al manipular el amianto

 

 
O Valedor do Pobo investigará de oficio a manipulación que se fai en Ourense de elementos que conteñen amianto
4 de MARZO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Segundo informa a CIG, o Valedor do Pobo, Benigno López, ven de comunicarlle formalmente a Confederación Intersindical Galega a "apertura de oficio" dunha investigación "sumaria e informal" relativa ás denuncias feitas por esta central sindical, no sentido de que en Ourense estanse a facer numerosos traballos que non teñen en conta as debidas medidas de seguridade ao manipular elementos que conteñen amianto.
Por contra, a central sindical nacionalista denuncia que, despois de denunciar publicamente a existencia de numerosos casos deste tipo, a maior parte deles nos traballos que se están a levar a cabo no Casco Histórico da cidade, "nin o Concello, nin as delegacións de Traballo ou Sanidade se teñen posto en contacto con nós en relación con este asunto".
Ao mesmo tempo, sinalan os representantes da CIG en Ourense, "non temos observado cambios significativos no xeito de traballar nas obras da nosa cidade".

Os representantes da central sindical que en Ourense dirixe Etelvino Blanco, denunciaron no seu día que, tanto na demolición e reconstrución de edificios do Casco Vello da cidade, como na substitución de tubarias e canalizacións da rede de abastecemento de augas, "se está mantendo un contacto directo con placas e tubos de fibrocemento con alto contido de amianto, sen usar protección algunha, sen comunicación á autoridade laboral, e xestionando os residuos como se de escombro normal se tratase".
Pola contra, insiste a CIG, "o amianto é un mineral considerado como canceríxeno polas autoridades sanitarias internacionais", ao tempo que a central nacionalista lembra que existe unha lexislación "especialmente rigorosa sobre a súa manipulación" que, no caso de Ourense, para nada se ten en conta.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital