Home  
 
 
 
 
  A partires de este mércores, o Complexo Hospitalario de Ourense agrupará nunhas novas instalacións, habilitadas na planta baixa do Hospital Santa María Nai, tódalas consultas externas do seu Servizo de Pneumoloxía, ata agora dispersas entre o Centro de Especialidades da rúa Concello, e o Edificio Administrativo e de Consultas do Hospital Cristal, centralizando así a atención ambulatoria no mesmo centro de diagnóstico e hospitalización deste servizo.
 
 
Dende este mércores as consultas de pneumoloxía centralízanse todas no Santa María Nai  
27 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"A principal vantaxe da centralización é a mellora da comunicación e coordinación do seu equipo profesional, o que permitirá potenciar as consultas de alta resolución, ou acto único, ampliando o volume destas", sinala o SERGAS para explicar o cambio en cuestión. Sinala ademáis que este sistema supón un gran beneficio para o paciente, "xa que nun mesmo día se lles pide e realizan as probas diagnósticas (espirometría, gasometría, radiografías de tórax, alerxias ou analíticas) que estudiadas polo especialista que realiza a consulta, permiten ao paciente sair do centro diagnosticado e a tratamento".

Esta sistemática de traballo será de especial interese para aqueles pacientes derivados a consulta con carácter urxente ou preferente, tanto desde os centros de saúde como desde urxencias, xa que permite atender integralmente cada caso nun tempo mínimo, ou incluso evitar a hospitalización como procedemento para o acceso rápido á realización de estudios.
Xunto a estas vantaxes, a centralización permite tamén mellorar á accesibilidade e orientación dos pacientes e incrementar a optimización dos recursos, o que sen dúbida redundará nunha mellora da calidade asistencial e comodidade dos usuarios.


A nova área cunha superficie de ao redor de 200 metros cadrados, mellora substancialmente o espazo destinado a consultas e probas diagnósticas de pacientes ambulatorios, xa que pasará de cinco despachos de consulta a sete, con dúas amplas salas de exploración e diagnóstico e unha de espera, ademais dunha nova aula para educación pneumolóxica.
Precisamente esta maior dispoñibilidade de espazo permitirá potenciar unha actividade cada día mais necesaria e demandada polos pacientes, como a educación pneumolóxica por parte da enfermeiría. Moitos dos tratamentos farmacolóxicos prescritos para as enfermidades respiratorias  empregan inhaladores, polo que para garantir a efectividade e correcta subministración dos fármacos é preciso que os pacientes coñezan ben os distintos métodos de aplicación existentes.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital