Home  
 
 
 
 
O Concello di que non todos se queixan dan dichosas chemineas de Mercadona na Avenida de Zamora. O Concello contabiliza 59 veciños que asinan un escrito polo que se lle pide ao Concello que deixe as cousas como están nesta zona verde e as chemineas no seu sitio. Urbanismo fala de "unha nova corrente de opinión" ao respecto.
Corrente de opinión que di o Concello estar disposto a escoitar, polo que se lle conceden 15 días para que se expresen conformes ou contrarios as chemineas que, pola contra, outros veciños da zona veñen insistindo en que é preciso retirar.
Non está craro si foi a forza da costume ou, polo contrario, a estes veciños lle gustan as chemineas, pero a efectos do Concello consta que non todos están por eliminalas.
 
Noticias Relacionadas
  Denuncian que a Áurea Soto lle gustan as chemineas de Mercadona agora que é concelleira de Urbanismo, antes non
 
 
 
Urbanismo do Concello sinala que hai unha corrente de simpatía veciñal hacia as chemineas de Mercadona
27 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense ven de notificar ós veciños propietarios dos garaxes de Avenida do Regato e rúa Leiras Pulpeiro, un prazo de 15 días para que manifesten a súa conformidade ou rexeitamento co proxecto alternativo para reubicar as chemineas de Mercadona a través da fachada dos edificios. O Concello di que toma esta medida despois de recibir un escrito aprobado por unanimidade polos 59 veciños propietarios dos edificios sitos en Avda. do Regato, 6 e Leiras Pulpeiro, 3, nos que manifestan que “todos los propietarios desean mantener la actual estética de la plaza” e autorizan ós seus avogados a “presentar toda clase de reclamaciones ante quien interese para dar soluciones definitivas al asunto que nos compete”. Recursos que, a día de hoxe, xa foron presentados, matiza el Concello.
Ante a aparición da que os reponsabeis municipais consideran "unha nova corrente de opinión entre os veciños", a concelleira de Urbanismo Áurea Soto recorda que mudar o sistema de ventilación dos garaxes require o acordo dos propietarios, segundo establece a lexislación vixente (Lei de Propiedade Horizontal). Por iso, o Concello acordou conceder un prazo de 15 días ós veciños para que expresen a súa opinión.

Dende Urbanismo, a concelleira Áurea Soto lembra que o actual acordo para reubicar nas fachadas os elementos de ventilación fora froito da xestións realizadas polo goberno municipal tras meses de negociacións nos que se tentou acadar unha solución á situación  irregular que dende abril de 2006, o PSdeG-PSOE tiña recriminado ó anterior goberno municipal do PP, grupo que permitiu o inicio das obras no subsolo da praza sen proxecto técnico nin licencia de obras, que garantiran unha ventilación axeitada para os usos que o PP permitiu baixo a praza.
Áurea Soto lembrou que “non compartimos o criterio, unha e outra vez aplicado polo PP, sobre permitir o uso privado baixo unha praza pública, e non compartimos e criticamos que se actúe á marxe da legalidade. Non obstante, neste como noutros os garaxes das vivendas e o comercial privados están baixo o chan da praza, e esto leva parella a necesidade de ventilación”.

Por isto, e ante a recepción do escrito (acta da xunta xeral extraordinaria da Comunidade de Propietarios Avenida do Regato, nº 6, e Leiras Pulpeiro, nº3”, que dí literalmente:
“Una vez expuesto todo lo anterior, se procede a la votación, y el resultado es la UNANIMIDAD en el sentido de que todos los propietarios desean mantener la actual estética de la plaza, por consiguiente autorizan al letrado para que pueda presentar toda clase de reclamaciones ante quien interese para dar soluciones definitivas al asunto que nos compete”, o goberno municipal móstrase agora disposto a escoitar as opinións dambas correntes que, xunto coas resolución xudiciais, cando as haxa (xa que non existe ningún pronunciamento hoxendía), indicarán ó goberno municipal a súa actuación. 
Dende o Concello de Ourense sinálase que "a concelleira de Urbanismo lembra a súa total disposición a colaborar cos veciños, como fixo desde o primeiro momento, para solucionar un problema herdado do anterior goberno municipal para o que neste caso necesita como condición sine qua non o consenso dos veciños".

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital