Home  
 
 
 
 
Chega un dos invitados estelares das Xornadas Municipais de Xardinería que se celebran no Auditorio Municipal de Ourense dende este pasado venres, e nas que toman parte máis de 450 técnicos na materia. Trátase da presencia do paisaxista José Crespi, encargado de presentar as liñas xerais do proxecto do Parque Botánico de O Montealegre a construir na capital ourensán. A súa intervención será as 12 do mediodía e agárdase cal auga de maio.
 
 
 
As Xornadas Municipais de Xardinería abordarán este sábado o proxecto do Parque Botánico de O Montealegre
23 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

As Xornadas Municipais de Xardinería de Galicia que organiza a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense chegan este sábado  á súa última sesión, con 5 novas ponencias, un coloquio e o acto de clausura. No transcurso da xornada, trataranse temas como a conservación das zonas verdes, o deseño participativo na creación de parques ou os xardíns efémeros como medio de dinamización paisaxística e social.
Ás 12:00 horas, o paisaxista José Crespi avanzará as liñas xerais do proxecto do Parque Botánico que o Concello pretende acometer este ano na zona de Montealegre.

Programa completo da xornada

Técnicas de implantación e xestión na integración dos conceptos de sustentabilidade

10,30-11,30. Importancia dos programas de xestión para a conservación dos espazos verdes, a cargo de Rodrigo Alves da Universidade do Porto

11,30-12,00. Pausa

12,00-13,00. Unha visión do Montealegre: bases para un proxecto participativo, a cargo do paisaxista José Crespi

Experiencias, desafíos e compromisos

16,00-17,00. Paisaxe: Lugar, proxecto e xestión, por parte de Juan José Galán, presidente da Asociación Española de Paisaxistas

17,00-18,00. A experiencia de deseño participativo na creación de espazos verdes en Buenos Aires (Argentina), por Fabio Marquez, coordinador do Programa Biodiversidade Urbana, do Ministerio de Ambiente e Espacio Público dol Gobierno da Cidade Autónoma de Buenos Aires.

18,00-19,00. O recurso dos xardíns efémeros como medio de dinamización paisaxística, social e cultural dunha cidade. A experiencia de Girona, coa participación da tenente de alcalde de Girona, Isabel Salamaña.

19,00-19,30. Conclusións e coloquio co público asistente.

19,30-19,35. Peche das Xornadas polo concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ourense, Demetrio Espinosa

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital