Home  
 
 
 
 

Nicola Eimer

 
  A pianista inglesa Nicola Eimer ofrecerá este venres, día 22, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, o terceiro concerto do I Festival Internacional de Música de Ourense “Pórtico do Paraíso” que organiza a Concellería de Educación do Concello de Ourense.
 
 
A pianista inglesa Nicola Eimer, no Festival Internacional de Música de Ourense este venres
22 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Gañadora do Royal Overseas League Piano Competition en 2005, Nicola Eimer está considerada hoxe en día como un valor en alza entre os pianistas da súa xeración. Ofreceu recitais en St. Martin-in-the-Fields, Purcell Room e o Barbican, así como no Wigmore Hall de Londres, onde interpretou o Concerto nº1 de Shostakovich coa Royal Academy Soloist’s Ensemble dirixida por Clio Gould. Tamén tocou con prestixiosas orquestras como City of London Sinfonia, English Sinfonia, European Union Chamber Orchestra e Orchestra of the Swan.

 O I Festival Internacional de Música “Ourense, Pórtico do Paraíso” rematará o domingo, 24, coa actuación dos guitarristas húngaros Katona Twins, considerados na actualidade un dos mellores dúos de guitarra clásica. Será ás 20:30 horas, no Liceo, con entrada libre.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital