Home  
 
 
 
 
  A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, á proposta da Concellería de Urbanismo, aprobou na súa xuntanza deste xoves o Plan Parcial do sector de solo urbanizable número 18 “Cantareliña”. Se trata do plan que deseña o crecemento da cidade na súa zona sur, nun sector ubicado xunto a estrada de Seixalbo, nas proximidades do Parque de Outeiro da Cuña. Ten unha superficie total de 114.457 m2, dos que 20.122 m2 destinaranse a sistemas xerais de espacios libres, e 1.222 m2 a sistemas xerais de rede viaria.
 
 
O Concello aproba o Plan Parcial da Cantareliña que deseña o crecemento da zona sur da cidade, e que conta con 469 vivendas  
22 de FEBRERO de 2008: OURENSE DIXITAL

Coa aprobación do Plan Pacial da Canteraliña, Urbanismo do Concello de Ourense entende que se está a deseñar o crecemento da cidade polo seu extremo Sur. O Plan Parcial do solo urbanizabel número 18 afecta a unha superfeicie de máis de 110.000 metros cadrados xunto a estrada de Seixalbo, nas proximidades do Parque de Outeiro da Cuña, con un uso global residencial.
Aquí esta previsto construir un total de 469 vivendas, das que 122 serán unifamiliares, e as restantes edificaranse en bloques abertos, de catro plantas, cunha praza pública, unha zona axardinada de 13.255 m2 nas proximidades dos bloques de vivendas que conectará co parque de Outeiro, e un área de xogos infantís e recreo de 2.070 m2.
O plan parcial permitirá ó Concello obter a cesión de solo e urbanización da superficie para ampliar en 20.000 m2 o parque público de Outeiro da Cuña, así como o solo e urbanización dos eixes viarios previstos no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concretamente, a iniciativa privada asumirá o financiamento do tramo final da futura Ronda bulevar e a súa saída da cidade.

O desenvolvemento deste solo urbanizable permitirá tamén destinar a equipamentos públicos unha superficie de 11.902 m2, das que 5.000 serán para un equipamento deportivo que será urbanizado polos promotores e habilitaranse un total de 362 prazas de aparcamento público.  
Despois da súa aprobación inicial, na Xunta deste xoves, o Plan Parcial someterase a información pública, para a súa posterior aprobación definitiva. O seguinte paso será a presentación dos proxectos de compensación e, posteriormente, de urbanización.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital