Home  
 
 
 
 
O Xefe de Verquidos da Confederación Hidrográfica del Duero e persoal competente dos responsables desta conca, inspeccionaron este mércores os verquidos que se producen ao Támega a través do Río Búbal, denunciados por ADEGA e por Amigos da Terra, segundo informa agora esta última organización ecoloxista. Segundo a asesora xurídica de Amigos da Terra, Montse Valencia, os responsabeis da conca negáronse a facer ningún tipo de declaración "ata coñecer a procedencia exacta do verquido", sinalaron.
 
Noticias Relacionadas
  ADEGA denuncia un vertido de aguas residuales de Vilaza y Albarellos (Monterrei) al río Búbal
  Pachi Vázquez declina responsabilidad de la Xunta en el caso de los vertidos de Vilaza y Albarellos al Búbal
 
 
 
Persoal da Confederación del Duero inspeccionou os verquidos que se fan ao Búbal en Monterrei
21 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Foi un veciño quen se achegou ao servizo xurídico gratuíto da asociación ecoloxista Amigos da Terra para denunciar o lamentable estado no que discorrían as augas do río Búbal, afluente do Támega, ao cal chegaba un regueiro artificial que transportaba as augas fecais cuxa orixe sinalouse, nun primeiro momento, ás instalacións de depuración de augas residuais que á altura do regueiro se atopan aínda que, segundo operarios da Confederación Hidrográfica, é cedo para determinar esta procedencia.

A orixe de dito verquido está sendo inspeccionada polo personal competente da Confederación e polo Xefe de verquidos da mesma, segundo declararon esta misma mañá á asesora xurídica de Amigos da Terra, Montse Valencia, quen explicou que
dito personal da conca non quixo facer máis declaracións ata coñecer a procedencia exacta do verquido. Descoñecen tamén se se achegaron ao lugar, técnicos do concello de Monterrei ou da Consellería de Medio Ambiente”.
Do que non existe dúbida para a entidade ecoloxista é de que se están a producir graves danos ao ecosistema fluvial e á ribeira.

Engade Amigos da Terra que lles causa sensación de indignidade e de inseguridade que, somentes 3 días antes da detección do verquido, se anunciase publicamente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, o programa de “Adecuación hidrolóxica-ambiental do río Támega e os seus afluentes”, primando para o Organismo de Conca, a necesidade de levar a cabo a “restauración ecolóxica ambiental dos sotos fluviais dos ríos Búbal e Rubín, no termo municipal de Monterrei”. Este proxecto incluía a limpeza das marxes, a adecuación dunha zona de baño, a elevación dunha vía, entre outras.
Nada máis lonxe da realidade, que a execución deste proxecto deberá levarse a bo fin antes do esperado pola Confederación e deberán buscarse e sancionarse aos culpables dun feito que linda os requisitos dun delito ecolóxico tipificado, polo tanto, polo Código Penal, asegura Montse Valencia de Amigos da Terra.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital