Home  
 
 
 
 
  "Tendo en conta os datos do Ministerio de Industria e da Comisión Nacional de Enerxía, a nova tarifa de discriminación horaria nocturna será beneficiosa para moitos consumidores", sinala o PSdeG-PSOE de Ourense, que denuncia a existencia de "unha campaña de mentiras e confusión" interesadas en torno ao asunto. Os socialistas sinalan, rotundamente, que "esta medida non vai a perxudicar a ninguén, só se toma para paliar o incremento dos prezos da enerxía  no contexto mundial".
 
 
Denuncian unha campaña interesada de "mentiras e confusión" en torno á Tarifa Nocturna
20 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Dende o Partido Socialista desméntese que “sexa necesario cambiar o contador”, ao tempo que se asegura que “o consumidor non pagará por incrementar a potencia  xa que o Ministerio de Industria está a traballar nun Real Decreto que establecerá que as empresas non devengarán ningún cobro por este concepto”.
Na actualidade a tarifa nocturna, instalacións que consumen electricidade nas horas valle e proporcionan calor durante todo o día, aglutina a uns 1.150.000 clientes en toda España, que supoñen ao redor  dun 5% do total dos clientes domésticos (23,5 millóns). En Galicia uns 164.000 fogares dispoñen desta tarifa.”
Segundo os datos do Ministerio de Industria, os consumidores disporán de  14 horas valle fronte as 8 que lles proporciona a actual tarifa nocturna. Ademáis para a asimilación dás novas tarifas será válido o contador existente, que só deberá ser reemplazado cando lle corresponda en virtude del Plan de Sustitución de Contadores e sempre a cargo de la empresa distribuidora. O cambio de tarifa será, en xeral, beneficioso para los consumidores.

Os socialistas ourensáns, nunha nota emitida ao respecto, insisten en que, “aínda que algunhas empresas interpretaron que o aumento de potencia contratada outorgáballes o dereito de cobrar aos seus clientes unha cantidade cercana aos 200 euros en concepto de incremento de potencia", esta interpretación non se xustifica nin pola lectura da norma (o Real Decreto 1634/2006 non menciona os dereitos de acceso e extensión) nin polos feitos, pois a nova potencia contratada xa estaba sendo satisfeita polas empresas con anterioridade, sen que se requerira ningunha ampliación da rede.
Ao respecto da adaptación das instalacións existentes, sinalan que “estas adaptación supoñen un custe que dependerá de cada caso concreto pero, que en todo caso será unha decisión voluntaria do consumidor, en función das súas necesidade e demandas de enerxía eléctrica”.

Por último anúnciase que nas vindeiras semanas o Ministerio de Industria porá en marcha unha campaña de información sobre  a tarifa doméstica con discriminación horaria nocturna, sendo Galicia unha das Comunidades onde primeiro se leve a cabo dita campaña informativa.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital