Home  
 
 
 
 
  Con unha inversión total duns 121 millóns de euros, Política Territorial da Xunta de Galicia aduxicará neste primeiro semestre de ano o anteproxecto para a construcción do Eixo de Comunicación A-52-Celanova-Fronteira con Portugal. O Eixo está constituído por una vía de altaca capacidade entre a Autovía e Celanova, e unha mellora xeral no tramo que vai de Celanova a fronteira portuguesa.
 
 
Política Territorial aproba definitivamente o Eixo Ourense-Celanova-Fronteira portuguesa  
18 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Antes do verán, a Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia ten previsto sacar a concurso a adxudicación da obra do chamado "Eixo A-52-Celanova-Fronteira portuguesa", segundo anunciou a súa titular, a conselleira María José Caride. A obra terá un investimento dun 121 millóns de euros.
As previsións da Consellería son crear unha vía de alta capacidade entre a Autovía Rías Baixas, a A-52, e Celanova, con "sección de corredor" nos casi 19 quilómetros de lonxitude, o que suporá o seu desdobramento en autovía. No tramo que vai dende Celanova á Fronteira portuguesa, o previsto é unha mellora xeral do trazado e da capacidade da estrada actual, así como sendas variantes en Bande (2,6 quilómetros) e Verea (2,3 quilómetros). Neste último caso, sinala Política Territorial que xa se incorporaron ao proxecto varias modificacións atendendo as alegacións realizadas polos veciños de este concello.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital