Home  
 
 
 
 
  Aínda que o mellor sería lograr a reversión dos terrenos no Concello de Ourense, o concelleiro de Termalismo e Tenente de Alcalde, Sánchez Vidal, pronunciuse hoxe rotundo en que "con este solar ou sin él" o Proxecto de As Burgas para construir un hotel-balneario ten que se por en marcha. Deste xeito Sánchez Vidal manifestábase disposto a acometer o proxecto aínda prescindido, si fora necesario, do solar de Xardín das Burgas.
 
 
O concelleiro de Termalismo non descarta por en marcha as previsións prescindindo do solar de Xardín das Burgas
16 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

"Incluso é posible que haxa que acometer ao Proxecto de As Burgas de construcción do hotel-balneario sin contar con este solar", manifestou este venres o concelleiro de Termalismo e Tenente de Alcalde do Concello de Ourense, Alex Sánchez Vidal, ao fío da negativa do xoves da Xunta de Goberno a concesión de licenza de obra a Xardín das Burgas para obrar no solar onde ata fai uns anos se ubicaba a Antiga Casa de Baños. Sanchez Vidal mostrouse seguro e decidido a abordar os proxectos municipais para esta zona da cidade, afectada pola declaración de Ben de Interés Cultural, BIC, "con este solar ou sin él", dixo ao respecto do terreno de Xardín das Burgas.

As afirmacións, feitas polo concelleiro dada, dixo, a necesidade de acometer as previsións municipais e rematalas nesta lexislatura, producíronse non sin antes aludir Sánchez Vidal a posibilidade de chegar Concello e empresa a unha saída negociada para a reversión, de novo, do solar na institución municipal. Extremo este que ven precedido dunha primeira negociación marcada por unhas pretensións económicas de Xardín das Burgas tachadas entón de "desorbitadas". Polo que o concelleiro de Termalismo aludiu a uns plantexamentos da empresa "máis flexibles que nas anteriores reunións".

Sánchez Vidal valorou o posicionamento da Xunta de Goberno do Concello de Ourense denegando, de novo, a licenza de obra como "unha decisión razoable ante un proxecto aberrante", e sinalou que a decisión se produce, ademáis, despois de que a empresa deixara caducar a concesión, "o que pon de manifesto que a empresa siquera deu os pasos para xestionar o seu propio proxecto".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital