Home  
 
 
 
 

Francisco Rodríguez, alcalde de Ourense

 
  Un cuarto de millón de metros cadrados de solo público para equipamentos como os centros de saúde de O Couto e o Vinteún, o espacio administratvo da Cidade da Xustiza ou a sé da Confederación Hidrográfica do Miño. Este é o balance de oito meses de xestión da nova Corporación Municipal, que mediante a racionalización das cesións urbanísticas e gracias a unha política realista de aproveitamento do chan ten proporcionado 258.000 metros cadrados para novos equipamentos en Ourense. Unha cifra que, dende o propio Concello de Ourense, se califica de "record" e "histórica".
 
 
O Concello de Ourense acada en oito meses os 258.000 metros de solo cedido para equipamentos sanitarios, educativos e xudiciais
16 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

258.000 metros cadrados, un cuarto de millón, para equipamentos. Esta é a cifra "record" e "histórica" que o Concello de Ourense di que ten acadado en só oito meses de xestión do novo goberno. Cifra que se acadou ao peche desta semana, na mañá deste venres, coa sinatura do convenio entre o Concello de Ourense e a Universidade de Vigo para a cesión de 12.000 metros cadrados de terreo para a construcción de novas pistas deportivas. O documento foi asinado polo alcalde, Francisco Rodríguez, e os representantes do Campus ourensán.Na súa intervención, o rexidor ourensán destacou que gracias ós “tres novos vectores que conducen a xestión municipal: defensa do interes público, xestión racional do chan e diálogo esixente e leal coas administracións, temos desbloqueado en oito meses demandas cidadáns que estaban plantexadas dende hai máis de 12 anos, como os centros de saúde de O Couto e o Vinteún, sen que ata agora tiveran resposta”.

Así, ós máis de 12.000 metros cadrados postos hoxe a disposición da Universidade, hai que sumar os 210.000 metros que o Concello está a pór a disposición da Consellería de Medio Ambiente para construir o Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia. Esta instalación, de gran potencial de atracción turística, estará instalada en Quintela, e servirá para dinamizar económicamente esta zona.

Equipamentos sanitarios

Asimismo, o Concello ten desbloqueado nos últimos oito meses a cesión dos terreos necesarios paraa construcción de senllos centros de saúde en O Couto e O Vinteún, concretamente de 4.500 metros cadrados en O Couto e 4.000 en O Vinteún, que permitirán unha nova atención sanitaria de calidade a máis de 25.000 ourensáns.
Igualmente, a xestión racional de solo permitirá que a Consellería de Educación aborde un novo proxecto docente en Barrocás, para o que o Concello conseguiu pór a disposición da Xunta de Galicia 5.000 metros cadrados de solo neste barrio ourensán en forte expansión. A Concellería de Urbanismo, que encabeza a socialista Aurea Soto, tamén foi quen de proporcionar outros 4.000 metros cadrados de solo para un complexo deportivo en Mende, que permitirá ter novos equipamentos a un centro educativo.

Finalmente, o Concello de Ourense tamén xestionou a cesión de 7.500 metros de terreo para que a Vicepresidencia da Xunta constrúa un centro da terceira idade en Barrocás, así como outros 4.500 metros para que a Consellería de Presidencia faga en O Couto a longamente demandada Cidade da Xustiza.
Esta infraestructura administrativa, xunto co mencionado centro de saúde de O Couto, virá dinamizar este barrio gracias á construcción destes novos equipamentos, ó movemento comercial  que lle aportará e á renovación urbanística desta zona, que tamén é unha das portas de entrada á cidade e que verá, gracias a estas actuacións, renovada a súa imaxe.

En último lugar, o Concello xestiona a cesión de outros 5.000 metros cadrados para a construcción da sé da Confederación Hidrográfica do Miño, que estará ubicada en Ourense e que significará, a maiores, a ubicación na cidade dun importante centro de decisión administrativa e política.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital