Home  
 
 
 
 

Antucho Espinosa

 
  O delegado de Vivenda e Solo en Ourense, Antucho Espinosa, ven de anunciar que a Consellería acometá un segundo parque empresarial no Concello de Xinzo de Limia cunha superficie todal de 700.000 metros cadrados. O anuncio do delegado producíuse no acto de recepción das obras de urbanización da cuarta fase do actual parque empresarial deste concello.
O proxecto sectorial para o novo parque xa foi aprobado polo Consello da Xunta de 15 de marzo do ano pasado. De feito, a Consellería de Vivenda e Solo contempla nos orzamentos deste 2008 unha partida orzamentaria de 6,3 millóns de euros.
 
 
Vivenda e Sólo anuncia un segundo parque empresarial en Xinzo de Limia de 700.000 metros cadrados
15 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Antucho Espinosa anunciou que “no segundo trimestre do ano comenzaremos coa adquisición por mutuo acordo dos terreos necesarios para levar a cabo esta nova actuación en materia de solo empresarial no Concello de Xinzo", co que dalgún xeito empézanse a poñer plazos de execución o proxecto.
Unha vez adquirido o 100% dos terreos, a Consellería de Vivenda e Solo licitará as obras de urbanización da 1ª fase do novo parque empresarial, que terá unha superficie de 413.000 metros cadrados. Espinosa salientou que esta ampliación desenvólvese en base aos criterios de “demanda e reequilibrio territorial, para dar resposta ás necesidades das empresas que demandan solo para instalarse nesta área do país, toda vez que xa rematamos a urbanización da 4ª fase do actual parque e está vendido o 100% das parcelas”.

Recepción da 4ª fase

A Consellería de Vivenda e Solo rematou as obras de urbanización da 4ª fase do actual Parque Empresarial de Xinzo de Limia, que foron recepcionadas este xoves. Unha vez asinada a acta de recepción coa empresa construtora e a dirección de obra, a Consellería xa está en disposición de asinar os contratos de compravenda coas sete empresas que resultaron adxudicatarias das 21 parcelas de uso comercial-industrial ofertadas por Xestur Ourense, sociedade pública adscrita á Consellería de Vivenda e Solo, a través do correspondente concurso público.
“As 21 pacelas suman unha superficie total de 35.000 m2 e os contratos de compravenda asinaranse a próxima semana, polo que as empresas xa poden empezar a construír as súas instalacións para desenvolver os proxectos empresariais previstos”, explicou Antucho Espinosa.
As empresas que se instalarán na 4ª fase do Parque Empresarial de Xinzo de Limia pertencen aos sectores da alimentación, a metalurxia, a carpintería e a fabricación e distribución de piensos.

O Departamento autonómico investiu 1,8 millóns de euros no desenvolvemento da 4ª fase do Parque Empresarial de Xinzo de Limia que ten unha superficie total de 77.112 m2. Ademais da superficie destinada a uso industrial-comercial, destínanse 8.114 m2 a espazos públicos e zonas verdes, 12.000 m2 ao sistema viario e peonil e 2.300 m2 destinados a equipamento social e deportivo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital