Home  
 
 
 
 
  Os 610 traballadores fixos-discontinuos do Servicio de Extinción de Incendios Forestais serán contratados o martes da semana que ven, día 19 de Febreiro, segundo informa a última hora da tarde deste mércores Comisións Obreiras. O sindicato valora "positivamente" a decisión de Medio Rural.
 
 
Os fixos-discontinuos de Incendios Forestais volven ao traballo o día 19 deste mes, segundo ven de comunicar Medio Rural  
14 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A concentración de delegados e traballadores prevista para este venres as 11 da mañá en todas as capitales galegas queda desconvocada, unha vez que Comisións Obreiras e CSIF constataron que Medio Rural deu instruccións oficiais ás delegacións provinciais para que o próximo martes, día 19 de febreiro, se incorporen aos seus postos de traballo os 610 brigadistas fixo-discontinuos da plantilla do SPDCIF que estaban no desemprego dende o pasado día 2 de novembro de 2007.

Nunha comunicación de alcance feita polos sindicatos a última hora da tarde deste mércores, "CC.OO. e CSIF celebran que Medio Rural optara finalmente por atender as reivindicacións dos traballadores fixo-discontínuos ao tempo que mostran a súa satisfación porque todo Operativo Ordinario do Servicio Público estea activado ao completo a partir do día 19, tal como ven demandando insistentemente estas duas organizacións sindicais".
Esta decisión "positiva" da Conselleria, segundo Comisións Obreiras e CSIF "permitirá afrontar con mellores garantías o desenrolar os traballos de prevención que son preciso realizar nestes momentos para evitar improvisacións posteriores na tempada de Alto Risco, ademáis de combatir con maior eficacia os incendios que xa se están a producir nalgunhas zonas de Galicia en canto deixa de chover".

CC.OO. e CSIF advirten que seguirán mantendo a lealtade cos traballadores na defensa dos seus dereitos laborais básicos de todo o persoal de plantilla e temporal do SPDCIF e insisten no chamamento ao diálogo a Medio Rural para rematar o conflicto e evitar a xudicialización permanente das relación laborais no SPDCIF.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital