Home  
 
 
 
 
  O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de San Cibrao instará ao equipo de Goberno municipal  a iniciar os trámites necesarios para solicitar a construción dun enlace no Piñeiral coa estrada N-525.
 
 
Demandan en San Cibrao un enlace coa N-525 dende O Piñeiral
14 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O portavoz socialista, Eladio Fernández, explica que “o concello de San Cibrao está a experimentar un intenso crecemento urbanístico na zona do Piñeiral. Un crecemento desordenado no que non se está a ter en conta  o déficit de servizos básicos da zona e, que son necesarios para garantir unha certa calidade de vida”.

Dende o Partido Socialista denuncian que “todas as vivendas que se están a construír nas cercanías da Estación de Servizo do Piñeiral van a ter un difícil acceso á N-525, dificultade que xa

sofren, na actualidade, os veciños do Piñeiral pola alta concentración de tráfico. É imprescindible  buscar unha solución para enlazar esta zona coa estrada N-525.”
Fernández asegura que “esta é unha vella reivindicación veciñal que o Partido Popular xamais tivo en conta”.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital