Home  
 
 
 
 
  Ao igual que dende fai ano e medio ocorre coas xentes de Valdeorras, a partires do luns que ven os veciños de Monterrei non terán que acudir á capital para que se lles dispensen tratamentos de quimio. No Hospital de Verín entrará tamén en servizo unha nova unidade oncolóxica-hospital de día que este martes presentou a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal.
Deste xeito, a partires do luns Ourense será a primeira provincia galega na que se dispensen este tipo de tratamentos en tódolos hospitais comarcais.
 
 
Ourense será a primeira provincia galega na que tódolos hospitais comarcais dispensen tratamentos de quimio
13 de FEBRERO de 2008: OURENSE DIXITAL
Este martes presentóuna a conselleira de Sanidade, María José Rubio, e o luns que ven entrará en servizo. Trátase da nova unidade oncolóxica-hospital de día de Verín, que evitará que os pacientes de Monterrei teñan que desplazarse ata Ourense para recibir

tratamentos de quimio.
Deste xeito, Ourense convértese na primera provincia que oferta estes tratamentos de xeito descentralizado nos hospitais comarcais.

A Conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, presentou este martes no Hospital de Verín a nova Unidade Oncolóxica-Hospital de Día para tratamento quimioterápico, que comezará a funcionar neste centro o luns que ven. Deste xeito completarase a descentralización desta terapia na provincia de Ourense, evitando o desprazamento periódico a Ourense dos pacientes desde estas áreas.
A nova unidade, estará baixo a responsabilidade clínica do Servizo de Oncoloxía do centro de referencia, no Complexo Hospitalario de Ourense, que asignará un especialista para supervisar, directamente desde o Hospital de Verín, os tratamentos e as revisións, así como a formación especializada do persoal seleccionado para atender este novo servizo, que contará cun amplo espazo propio na segunda planta, composto por un control de enfermaría, dous salas de administración de fármacos con oito postos e unha cama, despacho médico e sala de espera.

A nova unidade contará cun cadro de persoal composto por un profesional da Oncoloxía responsable, adscrito ao Complexo Hospitalario de Ourense, unha enfermeira asignada á preparación dos citostáticos (fármacos), no Servizo de Farmacia, e outro profesional da Enfermería e unha auxiliar para a administración dos tratamentos no Hospital de Día.

Segundo as previsións contempladas no proxecto, os seus responsables estiman que a nova unidade atenderá a unha media anual de 108 pacientes, que a súa vez asistirán a unhas 765 sesións de tratamento quimioterápico, e aproximadamente 540 consultas de revisión. Fundamentalmente atenderanse tumores sólidos en persoas adultas, dentro da patoloxía neoplásica. Asemade, cando non estiveran realizándose estes tratamentos, o  Hospital de Día utilizarase para a realización de procedementos hematolóxicos, ou tratamentos sintomáticos, entre outros.
Tanto o proxecto de implantación desta unidade, como seu desenvolvemento, contou co apoio e coordinación a Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Ourense, dos servizos centrais da Consellería e das xerencias dos centros hospitalarios implicados, e, moi especialmente, do Servizo Oncoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense, que responsabilizase do control dos tratamentos e das consultas de revisión directamente desde o hospital comarcal.

REDACCIÓN de Ourense Dixital
Volver atras
Imprimir Página  
 
REDACCIÓN de Ourense Dixital
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital