Home  
 
 
 
 

Anxo Quintana

 
  O aviso do líder do BNG é claro e rotundo: “se non hai un compromiso agora, levaremos esta cuestión á sesión de investidura”, dixo Quintana referíndose ao que chamou "o escándolo do voto emigrante".
 
 
Quintana advirte de que se non se corrixe o voto emigrante, "levaremos esta cuestión á sesión de investidura"  
11 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Nun acto de precampaña celebrado este domingo en Lobios, o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pedíu aos líderes das outras forzas políticas galegas “que digan si ou non, se pensan solucionar o escándalo do voto emigrante” e reiterou a “proposta clara do BNG” de cambiar a lei con tres puntos fundamentais: crear unha circunscrición única, depurar o censo e regular as campañas e votacións para garantir a limpeza, con voto en urna.
“Se eles non queren cambiar isto, quizais é porque queren seguir beneficiándose da situación”, continuou, ao tempo que advertíu de que “se non hai un compromiso agora, levaremos esta cuestión á sesión de investidura”.

Así mesmo, Anxo Quintana emprazou aos líderes de PpdeG e PsdeG a que acudan aos debates convocados na televisión pública e advertíu de que “se non hai agora un compromiso para reformar o voto emigrante, levaremos esta cuestión á sesión de investidura”.
“É necesario que haxa debates na televisión pública”. Nesta liña, Quintana dixo que o BNG xa dixo “si” aos dous debates que foron convocados na TVG, mentres que “PP e PSOE só poñen desculpas” e lembrou que “se en Madrid tamén vai haber dous debates, por que non en Galiza”.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital