Home  
 
 
 
 
  Este martes, 12 de febreiro, Cixanova abre o prazo de inscripción para participar no obradoiro literario "¿Gústache escribir? O pracer de crear textos". Trátase dunha das actividades de Caixanova no marco do Espazo Literario que ven de crear co fin de agrupar as iniciativas que organiza nas diferentes localidades galegas en relación coa literatura
 
 
"Gústache escribir? O pracer de crear textos" abre prazo de inscripción este martes
11 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O obradoiro literario “Gústache escribir? O pracer de crear textos” é unha das actividades presentadas por Caixanova no marco do Espazo Literario que ven de crear co fin de agrupar as iniciativas que organiza nas diferentes localidades galegas en relación coa literatura. O prazo de inscrición para o obradoiro, que se desenvolverá no Centro de Desenvolvemento Caixanova de Ourense, ábrese este martes, día 12 de febreiro, en todas as sucursais da entidade financeira.

O Espazo Literario Caixanova

compleméntase, ademáis, coa posta en marcha dun Premio Literario Escolar, que pretende implicar aos escolares de Secundaria e Bacheralato de toda Galicia,  e coa creación dun blog (www.centrosocialcaixanova.com/blogs/literatura),
que xa está funcionando e que permite participar dun modo activo nun foro de debate literario e de reflexión campartida.

Qué é e cómo é

Partindo da pregunta Gústache escribir? exponse este curso co obxectivo de ofrecer unha actividade centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir. Dende o primeiro día, todos os asistentes terán a ocasión de escribir textos propios utilizando as distintas técnicas que se irán poñendo en práctica nas clases, creando unha dinámica na que os participantes e, sobre todo, os seus escritos, serán os verdadeiros protagonistas.

O obradoiro, que dispón de 20 prazas, está dividido en 8 sesións, cun programa que fará un percorrido polos distintos aspectos da creación e narración literaria: o relato breve, a novela, a poesía, e ademais, descubrirá a forma de evitar os erros máis frecuentes nun texto.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital