Home  
 
 
 
 
  O Grupo Parlamentar do BNG ten previsto ao longo desta semana plantexar na Cámara autonómica a declaración de "Ourense, capital termal de Galicia", segundo o acadado polos integrantes de dito grupo o sábado pasado na xuntanza mantida nesta cidade có Grupo Muninicipal do BNG encabezado por Alex Sánchez Vidal. A estes efectos, os nacionalistas prevén que esta semana sexa "decisiva para Ourense".
 
 
O Grupo Parlamentar do BNG plantexará nesta semana a declaración pola Cámara autonómica de "Ourense, capital termal de Galicia"
11 de FEBREIRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O propio Sánchez Vidal non dubidou ao remate da xornada de traballo en que dita declaración "é moi importante, transcedental, para Ourense polo que poide siñificar como referente do termalismo en todo o país". O concelleiro de Termalismo, ademais de tenente de alcalde do Concello de Ourense, sigue apostando porque "o termalismo é unha das principais potencialidades da nosa cidade, e debemos traballar sempre nesa dirección.
O Grupo Parlamentar do BNG comprometeuse a plantexar na Cámara autonómica ao longo xa desta semana, a declaración de "Ourense, capital termal de Galicia", onde se agarda obter un respaldo suficiente para dita declaración, unánime a poder ser.

Na xuntanza, na que ademáis de este asunto abordáronse outros de moito interese para Ourense, cal é o caso do transporte mancomunado que está a retomar o Grupo do BNG no Concello de Ourense, acordouse promover a iniciativa parlamentar no decurso xa desta semana. Con elo confíase en lograr un compromiso do goberno galego para facilitar as inversións públicas e o apoyo aos programas e proxectos que se presenten incluso ante outras administracións. O Grupo Parlamentar do BNG entende que con esta iniciativa "se busca tamén o equilibrio territorial desenrolando o interior". De feito, o portavoz do Grupo do BNG no Parlamento Galego, Carlos Aymerich, subliñou que "cando falamos do equilibrio territorial non é un eslogan senón que facemos unha aposta para que todas as persoas, vivan onde vivan, teñan acceso a servicios públicos de calidade por igual"
Ao mesmo tempo, Sánchez Vidal sinalou que as consellerías de Industria, Vivenda e Cultura comprometeron xa o seu apoio a esta declaración e os proxectos que o termalismo en Ourense conleva, agardando o tenente de alcalde e concelleiro de Termalismo que "outras tamén se impliquen nestas cuestións que nos entendemos que son estratéxicas para Ourense".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital